Saltar navegación.
Inicio

INICIO DO CURSO ACADÉMICO. HORARIOS DE PRESENTACIÓN DO 11 DE SETEMBRO .

HORARIO DAS PRESENTACIÓNS: 

1º ESO       9:00 a 10:00

2º ESO       10:00 a 11:00

3º ESO       11:00 a 11:30

4º ESO       11:30 a 12:30

LIBROS DE TEXTO DO ALUMNADO DE 4º PDC

Aclaracións ante as dúbidas que xorden respecto aos libros de texto necesarios en 4º PDC.

O alumnado de PDC tería que cursar soamente unha optativa do bloque 1 da matrícula feita (no adxunto tedes a folla de matrícula)

No bloque 2, soamente teñen que mercar libro se elixen filosofía.

BANCO DE LIBROS DA ANPA: INSTRUCIÓNS PARA SOLICITAR E PAGAR OS LIBROS

Benqueridas familias:

 Xa podedes acceder a AMPA FÁCIL para solicitar os libros de texo para o curso 2023-24.

 A data límite para introducir as peticións de libros é o venres 25 de agosto. Non se tramitará ningunha solicitude máis aló desta data.

 

 IMPORTANTE: as familias que xa fixestes peticións, revisade o listado de libros solicitados, especialmente os de 1ª e 2ª Lingua Estranxeira, detectáronse erros. 

SEGUNDO AUTÓGRAFO DE NOBEL PARA O DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA DO IES VAL MIÑOR

AUTÓGRAFO DE BANERJEE de M Xose

Co gallo da Vigo Global Summit puidemos asistir á conferencia sobre o papel do Estado nos servizos sanitarios de Banerjee, premino Nobel de Economía no 2019, polos seus estudos contra a pobreza.

KAYAK ILLA DE AROUSA - AREOSO.

O 21 de xuño, día no que comeza o verán e o curso académico remata, o alumnado de 4ºESO e os profesores acompañantes desfrutaron dun día de actividade física en contacto coa natureza. Foi unha gran xornada de despedida, dunha promoción de alumnado que deixa unha forte pegada no centro. Recoñecidos sempre polo seu bo comportamento nas actividades extraescolares e complementarias entre outras virtudes. Así foi unha vez máis. Que pasedes unhas boas e merecidas vacacións. Se queredes ver as fotos e a videomontaxe CLICA 

HORARIO DE ENTREGA DE NOTAS

2º BACH recibirá as notas da convocatoria extraordinaria a través de abalarMóbil o 23 de xuño (días de reclamacións, 26 e 27 de xuño), e en formato papel virán a recollelas o martes 27 ás 9:00. Momento no que ademais haberá unha reunión importante con Andrés, para explicar como se fai a tramitación do título e daranse as últimas indicacións para aqueles que vaian ás probas extraordinarias ABAU (O 27 e 28 son os días de prematrícula para as ABAU). A esa mesma hora, tamén se entregarán os historiais académicos. 

Distribuir contido