STEMbach, Contrato Programa
O alumnado de 1º de ESO traballando nos seus proxectos.
Alumnado de 1º de eso traballando o ciclo da agua.
ENQUISA- AO INSTITUTO RODANDO OU CAMIÑANDO
Agradecemos enormemente a gran participación respondendo á enquisa "Ao centro rodando ou camiñando". Isto permitiranos continuar avanzando para intentar incrementar as posibilidades para poder facer os traxectos ao centro realizando actividade física. Incorporando hábitos para un estilo de vida activo.
Os resultados da enquisa podedes velos aquí. En breve iremos tomando decisións que se vos comunicarán para intentar que nesta primaveira poidades animarvos a vir ao centro camiñando ou bici.
A CONTINUACIÓN CLICA PARA VER OS RESULTADOS SE ESTÁS INTERESADO/A
https://docs.google.com/forms/d/1DB3MGptZNapO5KLNFH7sYxqiTgDRWcjNdGtt-xD33LE/viewanalytics
SENSIBILIDADE E CREATIVIDADE DO ALUMNADO PARTICIPANTE NO OBRADOIRO DE RAP
No mes de setembro, antes do inicio das clases, retomouse o obradoiro de RAP que a pandemia truncara en marzo. Recomendamos escoitedes ao alumnado que asistiu a este obradoiro. Parabéns para o alumnado participante . E moitas grazas a Dudi Villanueva polo seu fantástico labor con estes rapaces.
PARABÉNS PARA O ALUMNADO PARTICIPANTE NO OBRADOIRO DE RAP.
Parabéns ao alumnado que participou no obradoiro de RAP. E moitas grazas a Dudi Villanueva polo seu fantástico labor con estes rapaces.
MEMORIA DE ACTIVIDADES CONTRATO -PROGRAMA 2019-20
Enviado por secretaria o Xov, 25/06/2020 - 21:17INTERVENCIÓNS REALIZADAS NO CENTRO COA FINANCIACIÓN DO CONTRATO PROGRAMA
Durante o período desta pandemia, estanse a realizar intervencións previstas a conta dos orzamentos recibidos do contrato programa. Esperemos que cando se retome a nova normalidade o centro continúe ofrecendo novas posibilidades de interacción social e mellorando a súa contorna.
Vaise a poñer un novo valado nas pistas, que estaba moi deteriorado. Fíxose unha nova zona de actividade física, o parque de calistenia. E realizouse resembrado de zonas que estaban bastante deterioradas para mellorar a paisaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »