Saltar navegación.
Inicio

Curso 2018-19

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO.

       Á obra de arte vai chegando a súa finalización. Grazas por todo Begoña.

VISITA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO aos CIFP Manoel Antonio, Valentín Paz Andrade e ao Centro Residencial Docente de Vigo.

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO, de xeito preferente os matriculados na materia de iniciativas emprendedoras, visitaron no día de hoxe os CIFP MANOEL  ANTONIO, VALENTÍN PAZ ANDRADE e o CRD de Vigo. Alí visitamos os distintos obradoiros dos ciclos medios e superiores.

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO.

O mural segue avanzando coa participación do alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO.

O alumnado de 2º de ESO coñece os TESOUROS DO VAL MIÑOR

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO fixeron a ruta: Un mar de area, un mar de sentidos. Percorrido dende Praia América á altura das Dunas de Gayfar ata Ramallosa pasando polo Monte Lourido, interpretando a paisaxe e os valores naturais coa flora e fauna do lugar. A ruta estivo  guiada polo persoal do Obradoiro Valmiemprega III. Grazas a todos eles e elas pola súa iniciativa e interese.

OBRADOIRO SOBRE A TRATA DE SERES HUMANOS PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO

Ádega Castro, responsable en Vigo do Proxecto Novicom, dirixido a fomentar o coñecemento e a sensiblización cara as persoas de trata, realizou este 5 de abril, un obradoiro co alumnado de 4º de la ESO co obxectivo de achegar aos adolescentes esta realidade silenciada e incómoda, coñecida como a escravitude do século XXI. Este fenómeno o  sofren especialmente as mulleres e as nenas explotadas sexualmente e laboralmente, no servizo doméstico, para contraer matrimonios forzosos, para a extracción e venda de órganos, para pedir esmola,etc.

O VALOR DO VOLUNTARIADO SOCIAL. Ser solidario/a con pequenas accións.

Dende a fundación Amigos de Galicia, Nuria Costa, explicoulle ao alumnado de 4º da ESO o valor do voluntariado social. Como ser solidario con pequenas accións.

ENTROIDO 2019

Este curso, o colorido do Entroido chegou de novo ao centro. As actuacións do alumnado foron de gran calidade, e por aí andaba un aquelarre de meigas que andaban a facer das súas. A creatividade do alumnado nalgún dos seus disfraces foi desbordante. Se queredes botar unha ollada, podedes clicar a continuación CLICA. Para ver as fotos desta xornada.

CHARLA DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL PARA O ALUMNADO DE 3º DA ESO.

O alumnado de 3º da ESO recibiu unha charla sobre educación afectiva e sexual impartida por Fe Framil e Ramón González.

MEDRANDO EN IGUALDADE

Nuria Costa, da fundación Amigos de Galicia, impartiu  unha charla- coloquio para o alumnado de 3º de ESO que levou por título: Medrando en IGUALDADE. Nela tratáronse temas como estereotipos de xénero, violencias machistas, micromachismos....

OBRADOIRO DE METEOROLOXÍA E CLIMA IMPARTIDO POR INVESTIGADORES DA UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID.

Teresa Losada e José Manuel Garrido, investigadores do Dpto de Física da Terra e Astrofísica da Universidade Complutense de Madrid, dentro do proxecto Ciudad Ciencia (iniciativa do CSIC e FECYT) no cal está o Concello de Nigrán impartiron un obradoiro sobre meteoroloxía e clima ao alumnado de 2º da ESO e de 4º da ESO.

Distribuir contido