Saltar navegación.
Inicio

Curso 2016-17

o alumnado de 1º da ESO asiste a clases de educación vial

 Este luns 15 de maio o alumnado de 1º da ESO asistiu a clases de educación vial impartidas pola policía local de Nigrán.

O ALUMNADO DE 4º DA ESO COÑECE O CICLO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE APROVEITAMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL

Os profesores do instituto de Tomiño Maria José Presa e Tito, explícaronlle ao alumnado de 4º da ESO o ciclo de aproveitamento e conservación do medio natural da familia de Agraria. Supuxo un achegamento a uns estudos bastante descoñecidos por parte do noso alumnado. Por outra banda,  supuxo unha sorpresa para as rapazas do noso centro que houbera adolescentes mulleres estudando este tipo de formacion.

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DOS CENTROS ADCRITOS

 Este venres 28 de abril os alumnos e alumnas de 6º de Primaria dos centros  Humberto Juanes de Vilameán e Da Cruz- Camos visitaron o  instituto onde continuarán os seus estudos obrigatorios.

25 de abril. A revolución das leitugas

O 25 de abril os alumnos e alumnas de 1º C-ESO tiveron o seu primeiro achegamento á horta escolar. Plantamos leitugas. Esperamos comelas no mes de xuño.

QUE TEN QUE VER A QUÍMICA CON NÓS

Este luns, 20 de marzo, o profesor de Química Orgánica da USC Ricardo Riguera deu unha conferencia ao alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato sobre a importancia da Química, destacando o seu uso nos fármacos, plásticos, biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía...

ULTIMAS RECETAS CON TERESA

O alumnado de 1ºC-ESO  recibiu hoxe por parte de Teresa unha estúpenda clase de cociña. Fixeron un postre tradicional italiano - Tiramisú -e Tarta da avoa.

O LUNS 20 DE FEBREIRO O ALUMNADO DO PROGRAMA TEI VIVIU UNHA XORNADA DE SENDERISMO, APADRIÑAMENTO MOTEIRO E MÚSICA.

Os alumnos e alumnas de 1º e 3º da ESO viviron unha xornada de afianzamento da súa relación mediante actividades de senderismo, coñecemento dos valores moteiros dos costumeiros de Galicia (Custom Vulcan Galicia) e de dous grupos musicais. Ao mesmo tempo, o alumnado de 3º da ESO recibiron os carnés que os identifican como titores/as dos alumnos e alumnas do primeiro ano. Nestas actividades tivemos o seguimento de diversos medios informativos entre eles destacar Val Miñor TV, FARO DE VIGO e a Televisión de Galicia (aquí tedes os enlaces):

http://www.crtvg.es/informativos/un-instituto-de-nigran-quere-favorecer-a-convivencia-a-traves-de-padrinos-2739720

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-seran-2739733

O alumnado de 1ºC-ESO acode a representación de danza contemporánea : MULLERES EN ACCIÓN -VIOLENCIA ZERO

Os alumnos e alumnas de 1º ESO-C acudiron hoxe 21 de febreiro a praza do Concello de Nigrán a ver o espectáculo de danza contemporánea da formación PERDOMUS. Un alegato contra a violencia da muller organizado pola Deputación de Pontevedra.

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO "EXPLORAN O VAL MIÑOR"

Hoxe 9 de febreiro o alumnado de 2º da ESO asistiu a unha conferencia sobre a historia do Val Miñor e os seus recursos económicos, patrimoniais, turísticos, de lecer.... un interesante achegamento de aquilo que teñen máis cerca e que moitas veces nos é descoñecido.

Os encargados de facer esta magnífica labor foron os alumnos e alumnas  do Obradoiro de Emprego da Mancomunidade do Val Miñor. 

Distribuir contido