Saltar navegación.
Inicio

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

NORMATIVA E CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: CLICA

O 18 de setembro terá lugar na aula de usos múltiples o sorteo público para designar os membros (titulares e suplentes) da Xunta Electoral:

• Estará integrada pola dirección do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do PAS, e de un alumno/a ou alumna centros de secundaria; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.

Concursos de Samaín

Consulta as bases aquí abaixo.

Samaín 2024 de Laura Álvarez

Visita do alumnado de 4º ESO de Baralla

O pasado 7 de outubro exercemos de anfitrións do CPI Luis Díaz de Baralla (Lugo), que nos devolveron a visita que lle fixeramos o curso anterior. Esta xornada de convivencia, argallada polo departamento de galego e o EDLG, tivo como obxectivo poñer a lingua en marcha entre a rapazada, xa que a mocidade do Val Miñor tivo a ocasión de escoitar a nosa fala cos seus iguais. 

Despois de saírmos do IES camiñamos a senda do río ata o Muíño recentemente rehabilitado do porto do Molle. Finalamente, tras resgardarnos da chuvia que nos sorptrendeu na camiñada, realizamos o percorrido da Praia dos afogados de Domingo Villar. En equipos con alumnado dun e doutro centro, procuramos os escenarios escolmados nos fragmentos dunha das novelas contemporáneas máis populares

TALLER DE VENTO METAL IMPARTIDO POR DANIEL GONZÁLEZ

Taller de vento metal impartido por Daniel González, ao alumnado de 1, 2 e 3 ESO. Ensinounos o funcionamento destes instrumentos e a posibilidade que temos de aprender a usalos no noso concello a través da escola de música. CLICA para ver o que alí aconteceu.

Entrevista a África González

O pasado xoves, 3 de outubro o alumnado de ciencias de bacharelato asistíu a unha entrevista á catedrática da UVIGO da área de Imnunoloxía, África González. A entrevista foi organizada pola Voz de Galicia dentro do seu programa “de 0 a 100” en colaboración coa Consellería de Educación e cuxo obxectivo é espertar e fomentar as vocacións nos centros de secundaria.

PRESENTACIÓN CURSO 2024-25 O 11 DE SETEMBRO POR QUENDAS

  • O mércores 11 de setembro levaranse a cabo as presentacións de todos os niveis e grupos no seguinte horario:

Cursos

Horario

1º ESO

9:00 – 10:00

2º ESO

10:00 – 11:00

PROGRAMA DE BECAS. FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA.

A fundación Amancio Ortega, abre o prazo de inscrición para estudar no estranxeiro (Canadá ou EE.UU) un ano escolar equivalente a 1º de bacharelato. O programa de becas está dirixido a estudantes de 4º de ESO. O prazo de inscrición vai do 2 ao 24 de setembro do 2024.

Para máis información:

https://becas.faortega.org/documents/50/PBFAO_Bases_Participacion_Ed_2025-26.pdf

COMUNICADO SOBRE O BANCO DE LIBROS DA ANPA PARA O CURSO 2024-25

Benqueridas familias:

Xa podedes acceder á plataforma AMPA fácil e solicitar os libros de texto dispoñibles no banco de libros da ANPA IES Val Miñor para o curso 2024-2025. O prazo para formalizar a solicitude remata o venres 6 de setembro.

Para facer a solicitude deberedes seguir os seguintes pasos:

1.      Entrar na plataforma AMPA fácil.

2.      Darse de alta no curso 2024-2025.

3.      En “Inicio” seleccionar “Mis Hijos”.

Distribuir contido