Saltar navegación.
Inicio

RAQUEL X. IGLESIAS GALARDOADA CO PREMIO DE INVESTIGACIÓN VAL MIÑOR

A antiga alumna deste centro, Raquel X. Iglesias, foi a gañadora da segunda edición do Premio de Investigación Val de Miñor que convocou o Instituto de Estudos Miñoráns. O galardón recibiuno pola calidade do seu proxecto "Análise da concentración de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAPs) en mexillón de rocha da costa do Val Miñor" que realizou dentro do programa STEMBACH durante o bienio 2021-2022, e que foi titorizado polo profesor de física e química, César Rodríguez López, e a doutora Begoña Pérez Fernández do Istituto Español de Oceanografía de Vigo.

FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS.

Un ano máis, tanto o alumnado de 3ºESO a 1º BACH, coma o profesorado, recibiu formación a través do departamento de Educación Fisica, en primeiros auxilios. Aprendeuse a facer a manobra de RCP e de Heimlich, así como a usar un DEA (Desfibrilador automático) entre outros contidos. O material cedeuno en empréstito o CFR (Centro de Formación e Recursos de Vigo). Este ano decidiuse solicitar ao concello un DEA ou DESA para instalalo no centro. Esta iniciativa é apoiada polo consello escolar. Esperemos poder contar con el, pois a intervención ante unha parada cardíaca, nos primeiros 3-5 minutos é vital.

XA TEMOS GAÑADORES DO TORNEO DE FÚTBOL. OS CAMPIÓNS "TIKI-TAKA"

Tras unha longa tempada de choivas que non permitía dar continuidade ao torneo de fútbol, por fin puideron xogarse tódolos partidos que faltaban, coa chegada do sol. Os campións, contentos, recolleron os seus agasallos, pero como podedes observar nas fotos, o que máis lles gusta é o vale dos bocatas ,que Chiqui na cafetería lles prepara con cariño. Continuarase ofrecendo actividade física no patio. En breve organizaranse novos torneos. Esperámosovos na pista.

Concurso Odisea 2023

Por segundo ano consecutivo, o alumnado de clásicas do IES Val Miñor participa no concurso de cultura clásica Odisea, que nesta edición ten como tema central a auga na antiga Grecia e Roma. Moita sorte durante esta semana para os cinco equipos participantes. Que Atenea, Apolo e as Musas vos inspiren!

ODISEA

CHARLA SOBRE O MÁSTER EN COMERCIO INTERNACIONAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Hoxe 12 de xaneiro o Departamento de Orientación en colaboración co de Economía, trouxo ó Director do Máster en Comercio Internacional da Universidade de Vigo. O obxectivo é achegar as posibilidades na sociedade actual destes estudos. Nunha contorna cada vez máis cambiante, como vender o noso produto, a loxística e os novos mercados abren posibilidades de futuro para os nosos rapaces.

Grazas Emilio!

TALLER EN 4º ESO SOBRE CONSUMO E SOSTIBILIDADE

O alumnado de 4º curso de Educación secundaria, recibiu un taller impartido pola cooperativa galega Alalá, sobre consumo e a relación coa sostibilidade.

Foron dous sesións cunha metodoloxía participativa e activa, coa finalidade de sensibilizar e concienciar, identificar as causas e as consecuencias, xerar reflexións críticas e apostar por pílulas de bos hábitos cara á terra. Abordáronse conceptos como reducir, decrecer, emerxencia ecosocial, e alternativas para un bo vivir.

Grazas Julieta e Cande.

CHARLA INFORMATIVA DO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA

O día 11 de xaneiro o alumnado de 1 Bach recibiu a visita de Óscar Alfeirán Varela, para informar do Grao en xestión de empresas hoteleiras, así coma das súas saídas profesionais . A actividade foi organizada polo departamento de Orientación .

Moitas grazas Òscar.

Distribuir contido