Saltar navegación.
Inicio

Visita a Sanabria e ó Caurel

O alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha visita didáctica ó Centro de interpretación do lobo ibérico “Félix Rodríguez de la Fuente” no munipio de Robledo (Zamora) e ó Xeoparque Mundial da UNESCO “Montañas do Caurel”, unha visita que se celebrou entre o 16 e o 18 de marzo.

A primeira noite pernoctamos nas inmediacións do lago de Sanabria. Pola mañá disfrutamos das impresionantes vistas sobre o lago, o maior lago de orixe glaciar de España. A pesar do mal tempo puidemos facer unha parada no lago para falar da súa orixe a partir do último periodo glaciar (glaciación do Würm) que finalizou hai un 18.000 anos.

Visita ós laboratorios do Hospital Álvaro Cunqueiro

O 16 de marzo o alumnado da materia de Anatomía Aplicada de 1º de bacharelato visitou os laboratorios do Hospital Álvaro Cunqueiro. O obxectivo desta saída foi, por un lado espertar no alumnado a súa vocación polo traballo no ámbito sanitario e, por outro lado, resaltar a importancia das múltiples vías de formación que conducen ó mesmo, máis alá da medicina ou enfermería.

Á nosa chegada ó hospital recibíunos M. Rosario Diéguez, coordinadora de técnicos especialistas da unidade de docencia e formación continuada do CHUVI, quen nos acompañou durante toda a xornada.

FALADOIRO DE INAUGURACIÓN DA NOVA CANLE DE PODCAST DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. 8M

ACHEGAMOS OS DOUS CAPÍTULOS DO FALADOIRO ONDE ESCOITARÁS AS INVITADAS ESPECIAIS:

CAPÍTULO 1: SARA E VERA CLICA

CAPÍTULO 2: NOA, LUCÍA E ALEXANDRA CLICA

XORNADA DE RUGBY EN PRAIA AMÉRICA EN COLABORACIÓN CO VIGO RUGBY CLUB. DÍA REDONDO E OVALADO.

CLICA 

Agradecemos ao Vigo rugby club que se achegara a Praia América para impartir unha sesión de promoción do rugby, que foi posible grazas á xenerosidade de Óscar, Diego e Joaquín. O alumnado desfrutou dun día frío aínda que soleado, poñendo en práctica o aprendido nas clases de Educación Física, nun espazo inigualable, onde a diversión e o movemento foron os protagonistas.

ENTROIDO 2023

PARA VER O QUE AQUÍ ACONTECEU CLICA  

FOTOS

VÍDEO DAS ACTUACIÓNS

WHAT'S UP

O alumnado da ESO asistiu á obra de teatro interactivo en inglés What's up? No auditorio do concello de Nigrán. Parabéns aos que subiron ao escenario e nos fixeron rir e pasar un rato tan agradable.

Resultados do Concurso Odisea

Un ano máis, o Concurso Odisea estivo cheo de emoción e de preguntas desafiantes, sobre todo as do último día, que, ademais, se tiñan que responder no menor tempo posible. O esforzo dos nosos equipos foi tan épico que algúns participantes mesmo se puxeron máis encarnados ca o río Escamandro cando se enfrontou ao heroe Aquiles. Ao final, todos os equipos completaron esta particular odisea con moi bos resultados e, ademais, temos que anunciar que Las Apolonias, equipo formado por Lucía e Nadia, de 1º de bacharelato A, conseguiron meterse no desempate autonómico e acadaron a segunda posición!

Parabéns a todos os equipos, e grazas por amosardes ante toda a comunidade educativa que as clásicas no IES Val Miñor están moi vivas!

Distribuir contido