Saltar navegación.
Inicio

Premio "Minerva" para Lúa Álvarez

Lúa Álvarez Domínguez, alumna de 2º Bac no IES Val Miñor, vén de ganar o premio de narrativa que o Colexio M. Peleteiro de Santiago convoca cada ano baixo o nome de Premios Literarios Minerva.

Programa de Educación para Saúde- Obradoiro de Sexualidade para o alumnado de 4º da ESO.

O alumnado de 4º da ESO desenvolverá un programa de Educación para a Saúde (módulo de Sexualidade). O mércores día 11 de marzo realizarase esta actividade. Os relatores desta actividade serán voluntarios da Cruz Vermella Xuventude de Vigo.

27 de Marzo: Visita do alumnado de 1º da ESO ao Salón do Libro e percorrido cultural pola cidade de Pontevedra.

O venres día 27 de marzo o alumnado de 1º da ESO visitará o Salón do Libro en Pontevedra. Farán o roteiro Castelao polas rúas da cidade visitando tamén o Museo Provincial. No salón do libro tamén asistirán a obra de teatro titulada "Pan, Pan".

Entroido no IES

Chegou o Entroido e con el as aulas e corredores do Instituto enchéronse de caras, máscaras e personaxes que non adoitan frecuentar estes lugares. A comunidade educativa en xeral perdeu a cabeza, como por outra banda é típico de estas datas, e tanto profesores como alumnos fixeron de todo para mostrar a sua ledicia.

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN AFECTIVO- SEXUAL PARA OS ALUMNOS/AS DE 2º E 3º DA ESO

Os alumnos e alumnas de 2º e 3º da ESO  realizan un programa de Educación Afectivo-Sexual impartido pola asociación Xaira e en colaboración co CIM de Nigrán. Os contidos concretos que se traballan son: a sexualidade, o concepto de amor, o bo trato no marco de relación entre eles e elas; a prevención de Grooming.

TENIS DE MESA NO IES VAL MIÑOR

O pasado luns 9 de febreiro, a Agrupación deportiva Vincios, de tenis de mesa, achegouse ao centro, a promocionar este deporte. Contamos coa presenza de Enrique, Samuel e Kazeem, adestradores e xogadores desta agrupación, grazas aos que puidemos presenciar un nivel de excelencia motriz, froito que seguramente de moitas horas de adestramento, e poñernos a proba fronte a un robot lanzabolas. O palmarés deportivo de calquera dos tres, é moi importante.

Le fantôme de l'Opéra

SAÍDA TEATRO SALESIANOS e MARCO

O 6 de febreiro de 2015 ás 10h, 53 alumnos de francés de 2º, 3º ESO e 1º BAC, acompañados das profesoras Nuria e Cristina, asistiron á representación “Le fantôme de l'Opéra” versión teatral adaptada da novela de Gaston Leroux.

VISITA Á ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS DE NIGRÁN O 29 DE XANEIRO

OS ALUMNOS DE 1º ESO APRENDEN COMO SE TRATAN AS AUGAS RESIDUAIS NUNHA EDAR

Charla sobre prevención da violencia de xénero para o alumnado de 2º da ESO.

O alumnado de 2º da ESO recibe en febreiro información sobre a prevención da violencia de xénero. Conceptos como sexting, grooming, bullying... son de novo tratados. Esta charla faise en colaboración co CIM de Nigrán e coa asociación "Pantallas amigas".

PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE DA GARDA CIVIL- ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 1º-2º E 3º DA ESO

A Garda Civil do posto de Baiona-Nigrán dentro do Plan director de convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna realiza varias charlas aos alumnos e alumnas de 1º,2º e 3º de ESO sobre aspectos como o uso das novas tecnoloxías e perigos das drogas e alcol.

Distribuir contido