Aquapark de Amarante
GRAN DÍA NO GALIÑEIRO. ESCALADA, ORIENTACIÓN, SENDEIRISMO, RISAS, RETOS, SUPERACIÓN, AMISTADE,...
O venres 12 de xuño, realizamos unha saída ao Galiñeiro, para realizar distintas actividades na natureza: escalada, orientación e sendeirismo. Puxémonos a proba, e a experiencia foi moi positiva.
Graduación: despedida dos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato
O pasado venres 29 de Maio o patio do IES vestiuse de largo
para acoller á despedida dos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato con discursos, cancións e choros.
1º Curso de Cociña no IES Val Miñor
A pasada tarde do xoves 28 de Maio, de 15:30 a 18:00 Tere e Javier, ós nosos Cafeteros, é dicir as persoas que nos dous últimos cursos levan atendendo a Cafetería do IES organizaron un cursode cociña para alumnado e profesorado interesado. Dos profesores só se animou Martín, e dos alumnos houbo algúns máis.
O programa foi para principiantes é tratábase de facer un menu que fora ao mesmo tempo sinxelo, completo e apetecible: Quiche de champiñons, Canelóns de carne e Tiramisu.
ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO VISITA A ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA
Alumnos de 2º de Bacharelato visitaron o luns vintecinco de maio a escola superior de arte dramática de Galicia onde se ofrece o título de Grao en Arte Dramática, nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e interpretación. A profesora Irene Moreira ensinounos as distintas instalacións da escola, explicounos as probas específicas de acceso e tivemos a sorte de ver a mostra de danza da que se examinaban os alumnos e alumnas de primeiro curso.
O alumnado de 1º de bacharelato visita a Universidade de Vigo
O alumnado de 1º de Bacharelato visitou a Universidade de Vigo. Divididos en tres grupos:social-humanístico, tecnolóxico e científico os rapaces e rapazas foron visitando as distintas facultades onde cada decano ou decana lles explicou o plan de estudos dos diversos graos.
ALUMNOS DE 1º DE BACHARELATO ESTUDAN A BIODIVERSIDADE INTERMAREAL EN MONTELOURIDO
TERAPIA OCUPACIONAL onde ciencia e arte se funden
Patricia Troncoso, ex-alumna do IES VAL MIÑOR e alumna de Terapia Ocupacional (4º) na Facultade de ciencias da saúde na universidade da Coruña deu unha interesante charla este venres día 8 de maio ao alumnado de 1º de bacharelato sobre que é a terapia ocupacional, que labor desenvolven, con quen traballan e cales son os seus obxectivos e campos de actuación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- seguinte ›
- última »