Saltar navegación.
Inicio

AGRICULTURA RESPECTUOSA CO MEDIO AMBIENTE: VISITA DE RICARDO E BEGOÑA DE HORTA DO VAL

Ricardo e Begoña responsables da HORTA DO VAL explicáronlle aos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato como se traballa nunha agricultura respectuosa co medio ambiente-agricultura ecolóxica-. Despois de facer unha narrativa da posta en marcha do seu negocio déronnos unhas clases máis prácticas sobre os tipos de produtos de tempada  que se poden plantar nunha pequena horta escolar.

FÍSICA RECREATIVA NO IES VAL MIÑOR

O profesor do departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo D. José Benito  Vázquez Dorrío impartiu neste primeiro día de febreiro unha charla-conferencia ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato matriculados na área de física. A través de divertidos experimentos foi ensinándonos que a física pode ser unha ciencia divertida, amena e non tan complicada. 

CHARLA SOBRE A SELECTIVIDADE E A MATRICULA NA UNIVERSIDADE PARA O ALUMNADO DE 2º DE BCTO.

Hoxe, venres día 22 de xaneiro, Alejandro do SIOPE da Universidade de Vigo falou do proceso de matrícula unha vez teñamos superadas ás probas de acceso á universidade e tamén das distintas accións que poden levar a cabo se están en desacordo coas notas de selectividade.

Lidiando cos novos encerados dixitais

A chegada de novos encerados dixitais co fin do trimestre pasado fai que haxa que aprender a lidiar con eles.

encerados

CELEBRAMOS A SEMANA DA CIENCIA- OUTONO 2015

 

Como xa é unha tradición, todos os outonos celebramos a Semana da Ciencia no Ies Val miñor.

Os alumnos de 1º ESO construíron modelos explicativos dos movementos da Terra para explicar as estacións; os modelo foron expostos no patio do Instituto.

Os alumnos de 2º ESO realizaron experimentos sobre enerxía nas súas diversas manifestacións. Expuseron e explicaron aos seus compañeiros os experimentos.

Charla- presentación da Universidade de Santiago de Compostela polo profesor D. Celso Rodríguez

 Este venres día 11 de decembro o profesor da Facultade de Matemáticas da USC don Celso Rodríguez presentoulle aos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato os distintos graos e servizos que ofrece a Universidade de Santiago de Compostela.

CHARLA SOBRE O DEREITO Á ACCESIBILIDADE PARA O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

o 9 de decembro a directora do centro ocupacional Juan María de Nigrán Mari Santos, o alumno Víctor David García e o profesor de Dereito da Universidade de Vigo, Jacinto Lareo faláronlle os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato sobre a importancia de facer valer o dereito á accesibilidade, importancia que non só é para as persoas con discapacidade, senón para todas as persoas. Falouse tamén sobre a xustificación legal do dereito á accesibilidade.

O bo uso das novas tecnoloxías

 Este 1 de decembro o  CIM do Concello de Nigrán e a organización Pantallas Amigas déronlle unha charla aos alumnos e alumnas de 2º da ESO sobre o bo uso das novas tecnoloxías e explicaronlle algúns dos perigos que se poden atopar se non se toman unha sinxelas medidas preventivas.

SAÍDA COS ALUMNOS DE 3ºESO: ESTUDANDO A XEOMORFOLOXÍA DO VAL MIÑOR. NOVEMBRO 2015

O luns, despois das clases da mañana e co bocata na man, iniciamos a saida para estudar a xeomorfolxía do nos contorno.

   A Ladeira                         praia america

VISITAMOS A ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS DE NIGRÁN. Novembro 2015

 

Os alumnos de 1º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitan a EDAR de Nigrán e fan actividades sobre  a polución das augas e o tratamento que reciben

Distribuir contido