Saltar navegación.
Inicio

" UN MAR DE LIXO" EXPOSICIÓN REALIZADA NO AUDITORIO DO CONCELLO DE NIGRÁN

Se queres ver o resultado dunha labor de moitos meses de traballo, CLICA AQUÍ

Para ver todo o traballo previo de investigación, CLICA AQUÍ

INAUGURACIÓN DO CAMPO DE BOLOS CELTAS

Na semana das letras galegas, inauguramos o campo de bolos celtas no instituto, grazas a colaboración de distintas institucións e persoas. O concello, a federación galega de bolo tradicional, clubes como o clube de bolos do Ceán, Roberto xogador e pai de dúas alumnas do centro, o instituto e moitos máis que fixeron este momento posible.

Se queres ver máis fotos dese día CLICA AQUÍ

Publicouse a noticia en prensa. Se queres podes lela. AQUÍ

Kayak no río Miño e visita a Tui. Mañá inmellorable.

O departamento de educación física co obxectivo de que o alumnado aprenda a disfrutar da natureza coa actividade física, e descubra novas posibilidades de ocio, que melloren o seu estilo de vida, organizou esta saída ao río Miño.

Esta paraxe atopámola moi preto de onde vivimos. Temos que descubrir as posibilidades que nos ofrece a nosa contorna, que son moitas.

Fixemos o descenso desde Caldelas de Tui, ata Tui. Se queres ver as fotos da actividade CLICA AQUÍ

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DOS CENTROS ADCRITOS

O catorce de abril recibimos ao alumnado de 6º de Educación Primaria dos CEIP Humberto Juanes e CEIP da Cruz-Camos. Nesta xornada aparte de visitar as instalacións e de participar en varias actividades nos laboratorios, na biblioteca, no ximnasio... realizamos distintos xogos cooperativos que queremos repetir no mes de setembro.

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano, adicado á figura de Manuel María, no IES Val Miñor, leváronse a cabo diversas actividades.

En primeiro lugar Serafín Marcos, actor do Barbanza, trouxo o seu espectáculo didáctico titulado: "Que Manuel María"? que representou para os alumnos da ESO.

Os rapaces, a continuación, leron algúns poemas acompañados pola música da guitarra de Serafín Marcos e da alumna Irene Táboas.

                                   

CLASES PRÁCTICAS DE EDUCACIÓN VIAL NO PAVILLÓN DE PANXÓN PARA O ALUMNADO DE 1º DE ESO

Hoxe, día 19 de maio, tivo lugar a segunda parte da educación vial impartida pola policía local de Nigrán: as clases prácticas. Por mor do tempo tivémonos que trasladar ata o pavillón de Panxón. A pesar deste imprevisto pasámalo ben e aprendimos moitos cousas cos policías e  tamén cos bombeiros.

EDUCACIÓN VIAL PARA O ALUMNADO DE 1º DE ESO

 Os alumnos e alumnas de 1º de ESO reciben  educación vial teórico-práctica. Esta formación é impartida pola POLICIA LOCAL do Concello de Nigrán.

LISBOA 2016

Os alumnos de 1º Bacharelato viaxaron en marzo, un ano máis, a Lisboa, para coñecer de cerca a cultura lusa: a historia, lingua, literatura, gastronomía, arte...

O primeiro que visitamos foi o Pazo da Ajuda; entramos na súa biblioteca onde se garda o Cancioneiro de Ajuda, único que se conserva do século XIII, con cantigas de amor galego-portuguesas.

O castelo de San Jorge, a Torre de Belem, o mosteiro dos Jerónimos, o museo dos coches, o museo do azulexo...foron outras visitas.

Os alumnos, por grupos, recolleron información de diferentes aspectos da capital lisboeta; con ela, deron forma a un traballo. Entregaráselle un premio ao de maior calidade.  

LUGO 2016

Os alumnos de 2º ESO, o luns 13 de maio, visitaron a cidade de Lugo: participaron nun xogo de pistas polo

Museo provincial, coñeceron a catedral e pasearon pola súa muralla romana, unha das mellor conservadas da

península.

    

    Na foto, á saída do Museo provinciial de Lugo.

   

No Museo, comprobando os resultados do xogo de pistas.

Pola tarde visitamos o Castro de Viladonga.

Distribuir contido