Saltar navegación.
Inicio

SEMANA DA CIENCIA: EXPOSICIÓN DE MAQUETAS DO SISTEMA SOLAR

Con motivo da Semana da Ciencia, o departamento de Ciencias Naturais organizou unha exposición no patio cuberto,con maquetas feitas polos alumnos de 1º ESO. Os modelos representan o Sistema solar cos astros a escala ou ben as posicións da Terra con respecto ao Sol ao longo do ano. Todos os alumnos e alumnas amosaron o seu interese e demostraron a súa creatividade nunhas maquetas moi ben feitas, aplicando os coñecementos adquiridos nas actividades de aula.

OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO están traballando nun obradoiro de prevención de violencia de xénero cunha duración de catro sesións. Esta actividade faise en colaboración co CIM- centro de información da muller- do Concello de Nigrán.

XORNADA DE XOGOS COOPERATIVOS. VIVINDO EN PRIMEIRA PERSOA A COOPERACIÓN

Para ver o vídeo que reflicte o que alí aconteceu, clica na primeira imaxe.

O alumnado de 3º da ESO, despois de preparar moi ben a organización destas xornadas cooperativas nas clases de educación física, fixo de alumno experto, levando o peso da actividade deste día. Ensinando ao alumnado de 1º da ESO o significado da cooperación en primeira persoa, na práctica. Pois nos retos plantexados para acadar o éxito era fundamental a COOPERACIÓN.

Gran xornada de cooperación e cohesión social do alumnado. GRAZAS ao alumnado e profesorado que fixo posible esta actividade.

Se queres ver fotos da xornada CLICA na imaxe superior.

BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS,CO CLUB AMFIV. EDUCANDO EN VALORES A TRAVÉS DO DEPORTE.

O club Amfiv, de forma totalmente altruista e xenerosa, realizou unha xornada formativa de baloncesto en cadeira de rodas, para o alumnado de 3º de ESO do instituto.

Agradecer a Nacho, Shelly, Agustín Alejos e ao Chava a súa disponibilidade e bo facer, que serviu para visibilizar, poñer en valor a deportistas discapacitados. E traballar en valores, coma a integración, superación e esforzo. 

Tivemos a sorte de que Agustín trouxera tamén a súa medalla paralímpica, a medalla de plata conseguida en Río. Unha medalla especial, con inscripcións en Braille e sonora, coma un axóuxere.

Participan na liga nacional, na máxima categoría, os días que xogan en casa, fano no pavillón municipal de Bouzas. ANIMÁDEVOS A IR A ANIMALOS E QUE SINTAN O NOSO ALENTO. GRAZAS POR TODO.

PROMOCIÓN DE FÚTBOL-SALA NO INSTITUTO.

O club Panxón Nigrán de fútbol sala, fixo unha actividade de promoción deste deporte no instituto. Nas clases de Educación Física e de Promoción de Estilos de Vida Saudable, temos un obxectivo prioritario que é que o alumnado faga actividade física, no seu tempo de ocio, por todos os beneficios que esta aporta. Esperamos acadalo.

Se queres ver as fotos da actividade CLICA na imaxe.

MENUDO REVOLTALLO. SURFEANDO EN PATOS. QUE ONDAS MÁIS ALTAS!!!!

No inicio de curso, para comezar con enerxía o curso, disfrutamos dunha xornada na praia de Patos, facendo surf. O día foi soleado, chegamos camiñando desde o instituto e disfrutamos en colaboración coa escola Prado-surf, dunha clase de iniciación a este deporte. As ondas impresionaban.

Temos que darnos conta e abrir os ollos cara a novas opcións de actividade física. O noso entorno nos ofrece moitísimas posibiladades.

Se queredes ver máis fotos dese día CLICADE NA IMAXE.

PROMOCIÓN DE BALONCESTO NO INSTITUTO. PERSEGUINDO O OBXECTIVO DE CONSEGUIR UN TEMPO DE OCIO ACTIVO.

Grazas á colaboración co C.B.Nigrán, o alumnado coñeceu da man de Nuria, a posibilidade de poder practicar baloncesto. Para que vos fagades unha idea de como foi a xornada, aquí van unhas fotos. Clica na imaxe.

" UN MAR DE LIXO" EXPOSICIÓN REALIZADA NO AUDITORIO DO CONCELLO DE NIGRÁN

Se queres ver o resultado dunha labor de moitos meses de traballo, CLICA AQUÍ

Para ver todo o traballo previo de investigación, CLICA AQUÍ

INAUGURACIÓN DO CAMPO DE BOLOS CELTAS

Na semana das letras galegas, inauguramos o campo de bolos celtas no instituto, grazas a colaboración de distintas institucións e persoas. O concello, a federación galega de bolo tradicional, clubes como o clube de bolos do Ceán, Roberto xogador e pai de dúas alumnas do centro, o instituto e moitos máis que fixeron este momento posible.

Se queres ver máis fotos dese día CLICA AQUÍ

Publicouse a noticia en prensa. Se queres podes lela. AQUÍ

Kayak no río Miño e visita a Tui. Mañá inmellorable.

O departamento de educación física co obxectivo de que o alumnado aprenda a disfrutar da natureza coa actividade física, e descubra novas posibilidades de ocio, que melloren o seu estilo de vida, organizou esta saída ao río Miño.

Esta paraxe atopámola moi preto de onde vivimos. Temos que descubrir as posibilidades que nos ofrece a nosa contorna, que son moitas.

Fixemos o descenso desde Caldelas de Tui, ata Tui. Se queres ver as fotos da actividade CLICA AQUÍ

Distribuir contido