Saltar navegación.
Inicio

CARTEL ELABORADO POLO ALUMNADO DE 1º DA ESO DENTRO DA CAMPAÑA DE LIMPEZA

Aquí un dos carteis que o alumnado de 1º da ESO elaborou dentro da campaña de orde e limpeza do centro educativo.

Adestramento de élite de tenis de mesa, coa agrupación deportiva Vincios.

Os alumnos Pedro, Myka, Daniel e Antón disfrutaron dun adestramento de alto nivel coa agrupación deportiva Vincios, por seren os gañadores do torneo de tenis de mesa dos recreos. Este clube ten un equipo que participa en Super División ( a máxima categoría a nivel nacional). Que por certo o venres 26 teñen competición en Gondomar, por si queredes achegarvos e disfrutar deste deporte.

Sobre todo queremos agradecer a Anxo, Héctor e Pablo Casal o seu altruismo, e que se volcaran tanto cos nosos rapaces. Foi unha xornada intensa, fixeron unha primeira parte de adestramento de moita técnica, e unha segunda parte de condición física específica deste deporte.

Un día para lembrar. O obxectivo entre outros é ofrecer novas posibilidades de ocupación activa do tempo de ocio, visibilizar un deporte minoritario, e continuar fomentando un patio activo e saudable.

PROGRAMA RE-CREO O RECREO ÚLTIMAS INTERVENCIÓNS

Este ano continuamos dándolle pulo, a este espazo social que é o patio, realizando microintervencións que cambien e potencien a actividade física, a interacción social e a convivencia positiva. Entre as actividades que se foron realizando ata agora destacamos as seguintes.

Torneos no recreo: de tenis de mesa e fútbol. Resaltando que este ano un grupo de chicas valientes formaron un equipo de fútbol e aí están dándoo todo nos torneos do recreo. 

Asemade colocouse unha fonte e unha barandilla que crean un espazo novo no patio.

Como en anos anteriores o torneo de mesa ten moita aceptación e os finalistas foron premiados cun adestramento no clube de tenis de mesa Vincios, que teñen equipo en Super División, a competición máis importante a nivel nacional deste deporte.

ACCESO AO PROGRAMA ORIENTA CURSO 2019/20

CLICKEAR NESTE ENLACE E TERÁS UNHA CHEA DE DATOS SOBRE TODOS OS ESTUDOS QUE PODES REALIZAR EN ESPAÑA. É MOI CONVENIENTE QUE FAGAS O CUESTIONARIO.

http://www.orientaline.es/?yafxb=41161

Lecturas para o Nadal

O Nadal, unha ocasión para ler

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS

O Instituto participa na campaña promovida polo concello de Nigrán "Espazo libre de violencias machistas", que prentende concienciar sobre a lacra social que supón a violencia de xénero.

Se clicas na imaxe, poderás observar o noso traballo, a través dunha coreografía reivindicativa, na que o que pretendemos é expresar o noso rexeitamento, e berrar aos catro ventos a palabra respecto.

MAGOSTO 2017

Esta semana foi unha semana intensa. O venres 10 de novembro celebrouse o magosto no centro, coma en anos anteriores, impulsado e organizado polo departamento de dinamización lingüística.

O alumnado de 4º da ESO e de 1º Bacharelato, axudou no desenvolvemento dos distintos xogos populares que voltaron a encher o patio de tradición e disfrute. Asemade o alumnado de 4º tamén asou as castañas e ofrecía a papatoria da xornada, buscando empezar a financiar a súa viaxe de fin de etapa.

O profesorado implicouse como en outras ocasións,para levar a cabo esta actividade de centro. Actividades que son fundamentais na vida diaria, pois son as que encolan e das que se aprende moito, desde outro prisma, do instituto.

Gustaríanos adicar unha mención especial, ao alumnado encargado da organización deste ano, pois o fixo especialmente ben. Foi unha xornada moi participativa, lúdica e didáctica.

XORNADA DE XOGOS COOPERATIVOS DENTRO DO PROGRAMA TEI (Titoría entre iguais)

O luns 6 de novembro, realizouse unha xornada de xogos cooperativos entre o alumnado de 3º da ESO e 1º da ESO, co obxectivo de cohesionar ao alumnado que participa no programa TEI (titoría entre iguais).

Parabéns e agradecementos para : o alumnado de 3º da ESO que ensinou os xogos cooperativos moi cariñosa e profesionalmente, á colaboración do profesorado que fixo posible esta actividade  e á ANPA co apoio económico realizado, para poder mercar o paracaídas co que se fixeron algúns dos xogos.

Para que opinedes se o obxectivo se conseguiu, achegámosvos un enlace ao vídeo da actividade, e ao álbum de fotos.

Se clicas nesta imaxe poderás ver as FOTOS.

A continuación se clicas na imaxe, poderás ver o VÍDEO.

SURFEANDO EN PATOS

O xoves 28 de setembro, dirixímonos a Patos camiñando desde o instituto, o alumnado de 4º da ESO e as alumnas alemanas. Foi unha xornada, onde disfrutamos dunha modalidade deportiva coma o surf, pola que moitos turistas se achegan ao noso concello. E curiosamente, para moitos dos alumnos era a primeira experiencia coas ondas e a táboa de surf.

As fotos amosan o gran aproveitamento deste día. CLICA NA IMAXE, para ver fotos e vídeos deste día.

Distribuir contido