Saltar navegación.
Inicio

VIAXE A KÖLN 2018

O alumnado de 4º da ESO que remata os seus estudos de alemán no instituto, este ano. Realizou unha viaxe a Köln, do 9 ao 12 de maio.

Se queredes ver as fotos CLICADE AQUÍ e para ver o vídeo CLICA AQUÍ

SAÍDA AS PISTAS DE TENIS DAS DUNAS DE GAIFAR.

O 24 de abril o alumnado de 3º da ESO, disfrutou dunha xornada de tenis, nas instalacións deportivas municipais das Dunas de Gaifar. O centro como en anos anteriores, contou coa cesión dun pack de raquetas, por parte da federación galega de tenis,  que permitiu que se impartise na asignatura de educación física unha unidade didáctica deste deporte.

Esperemos poder volver a repetir esta experiencia o próximo curso.

ESTE ANO FORON 10 DÍAS DE FROITA

Un ano máis, o centro participa no programa de reparto de froitas nos centros educativos. Coa novidade de que este ano foron 10 días consecutivos.

O alumnado de 1º da ESO na súa asignatura de Promoción de Estilos de vida saudable, foi o encargado de organizar este reparto. Pois estanse a traballar na aula nestes momentos, conceptos de nutrición.

A aceptación da actividade foi moi boa. A colaboración do profesorado e alumnado imprescindible e de agradecer. E a gran protagonista. A FROITA.

COMO RAPACES E RAPAZAS CON ZAPATOS NOVOS. ESTAMOS ESTREANDO MATERIAL. APRENDENDO UN NOVO DEPORTE O KIN BALL

En 1º de Bacharelato estamos aprendendo un deporte alternativo que se chama Kin Ball.

VISITA AO PERGAMIÑO VINDEL

O alumnado de 1ºBACH, visitan o Pergamiño Vindel no Museo do mar, o xoves 22 de febreiro

O alumnado do IES Val Miñor visitou o Museo do mar para coñecer o Pergamiño Vindel, tesouro da nosa cultura galego-portuguesa, por ser o único texto medieval que recolla a notación musical de seis cantigas de amigo de Martín Códax, xograr do século XIII, probablemente de Vigo.

Asistiron primeiro a unha interesante explicación sobre os materiais empregados na elaboración do Pergamiño; puideron comprobar as dificultades da escrita naquel tempo. A continuación percorreron a exposición arredor do Pergamiño Vindel e a súa época.

Unha xoia que permanecerá entre nós ata marzo, mes no que retornará a Library Morgan de Nova York.

AFRICA GONZÁLEZ RECOLLE O PREMIO MULLER CIENTÍFICA IES VAL MIÑOR 2018

O luns 19 de febreiro ás 17:00 horas África González, catedrática na Universidade de Vigo e presidenta da sociedade española de Inmunoloxía recolleu o premio MULLER CIENTÍFICA  IES VAL MIÑOR 2018. Rodeada de toda a comunidade escolar deste centro educativo, de autoridades ,  de compañeiros e compañeiras científicas do CSIC, do Oceanográfico de Vigo e de familiares agradeceu o agasallo ao mesmo tempo que nos deleitou cunha magnífica conferencia sobre muller e ciencia.

NO IES VAL MIÑOR COMEZAMOS A CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Pilar Riobó e Mar Nieto Cid do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e Luisa Martínez Lorenzo, da Delegación CSIC en Galicia impartironlle aos alumnos e alumnas de Bacharelato a conferencia que levou por título " CIENCIA EN FEMENINO". Grazas por todo o bo que nos ensinastes.

DÍA INTENSO NO XIMNASIO EN SABARÍS

O mércores 24 achegámonos ao ximnasio Be One en  Sabarís, para ter unha experiencia diferente de adestramento, onde a consigna era, "hai que subir as pulsacións imos a facer un circuito metabólico". Coma sempre o alumnado se implicou ao máximo. As actividades realizadas foron Padel e circuito heroican.

Agradecer ao persoal e a xerencia do ximnasio a súa xenerosidade ao abrirnos as portas da súa instalación. E a ANPA por axudarnos na financiación dos bus. 

CLICA NA FOTO  para ver cómo aconteceu a xornada.

Distribuir contido