Saltar navegación.
Inicio

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO.

Baixo a dirección de Begoña, profesora de Educación Plástica e Visual, o alumnado da ESO está facendo un mural no patio. Aquí podes seguir o seu proceso.

Xuvenciencia VII Campus de Verán

Convocatoria Xuvenciencia. VII Campus de verán 2019

TORNEO DE BALONCESTO NOS RECREOS.

Deu comezo o torneo de baloncesto nos recreos, cunha grande aceptación tanto por parte dos e das participantes coma dos siarieiros nas bancadas. O partido inaugural foi espectacular. 

A participación é moi alta, fixéronse dous grupos de competición, pois se anotaron 10 equipos.

A arbitraxe é de alto nivel. O xogo é super intenso, hai triplas, fintas, auténtica profesionalidade. A continuar.

O alumnado de 2º de ESO coñece os TESOUROS DO VAL MIÑOR

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO fixeron a ruta: Un mar de area, un mar de sentidos. Percorrido dende Praia América á altura das Dunas de Gayfar ata Ramallosa pasando polo Monte Lourido, interpretando a paisaxe e os valores naturais coa flora e fauna do lugar. A ruta estivo  guiada polo persoal do Obradoiro Valmiemprega III. Grazas a todos eles e elas pola súa iniciativa e interese.

OBRADOIRO SOBRE A TRATA DE SERES HUMANOS PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO

Ádega Castro, responsable en Vigo do Proxecto Novicom, dirixido a fomentar o coñecemento e a sensiblización cara as persoas de trata, realizou este 5 de abril, un obradoiro co alumnado de 4º de la ESO co obxectivo de achegar aos adolescentes esta realidade silenciada e incómoda, coñecida como a escravitude do século XXI. Este fenómeno o  sofren especialmente as mulleres e as nenas explotadas sexualmente e laboralmente, no servizo doméstico, para contraer matrimonios forzosos, para a extracción e venda de órganos, para pedir esmola,etc.

O VALOR DO VOLUNTARIADO SOCIAL. Ser solidario/a con pequenas accións.

Dende a fundación Amigos de Galicia, Nuria Costa, explicoulle ao alumnado de 4º da ESO o valor do voluntariado social. Como ser solidario con pequenas accións.

ENTROIDO 2019

Este curso, o colorido do Entroido chegou de novo ao centro. As actuacións do alumnado foron de gran calidade, e por aí andaba un aquelarre de meigas que andaban a facer das súas. A creatividade do alumnado nalgún dos seus disfraces foi desbordante. Se queredes botar unha ollada, podedes clicar a continuación CLICA. Para ver as fotos desta xornada.

OBRADOIRO DE METEOROLOXÍA E CLIMA IMPARTIDO POR INVESTIGADORES DA UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID.

Teresa Losada e José Manuel Garrido, investigadores do Dpto de Física da Terra e Astrofísica da Universidade Complutense de Madrid, dentro do proxecto Ciudad Ciencia (iniciativa do CSIC e FECYT) no cal está o Concello de Nigrán impartiron un obradoiro sobre meteoroloxía e clima ao alumnado de 2º da ESO e de 4º da ESO.

Premio MULLER CIENTÍFICA IES Val Miñor 2019

O centro educativo culmina a celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa entrega do premio Muller Científica IES Val Miñor. A persoa galardoada este ano 2019 é dona Iria González Vasconcellos. Formada nas aulas do IES Val Miñor, estudou Bioloxía na Universidade de Santiago e posteriormente no University College de Londres onde obtivo o Master of Science.

Actividades de formación en Linguas estranxeiras. Convocatoria 2019 para alumando de ESO e Bacharelato

Actividades de formación en Linguas estranxeiras. Convocatoria 2019 para alumando de ESO e Bacharelato.

Prazo de presentación de solictudes: 21 Febreiro ao 20 de marzo.

Requisitos:

  • Ter superado tódalas materias no curso 2017/18
  • Ter acadado unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés no curso 2017/18

Máis información

Distribuir contido