Orientación
Dez consellos imprescindibles para as familias antes e despois de entregarlles un móbil aos seus fillos e fillas
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e UNICEF España lazan a campaña ‘Máis que un móbil’, dirixida a ofrecer ás familias as claves que deben ter en conta antes de entregar aos seus fillos e fillas un teléfono móbil (ver arquivo adxunto).
Actividades programadas para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero
O noso centro súmase como cada ano, a conmemorar o ‘Día Internacional Contra a Violencia de Xénero’ o 25 de novembro.
Entre as actividades programadas, unha delas foi a representacioń teatral “Golpes”, dirixida por Xosé Leis e interpretada pola actriz Estíbaliz Veiga. “Golpes” denuncia a violencia machista a través da voz de Pamela, unha muller que se namorou baixo os postulados do amor romántico e finalizou sendo vítima de violencia. Pamela recibiu moitos ‘Golpes’, pero o máis grande foi verse a si mesma transformada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase polo mesmo.
A IMPORTANCIA DOS IDIOMAS. VISITA DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS (EOI) DE VIGO-SECCIÓN NIGRÁN AO INSTITUTO
O alumnado de 4º ESO recibiu unha charla da EOI Vigo- Sección Nigrán para poñer en valor a importancia do estudo das linguas e proxección no futuro. Esta charla foi impartida por xefes dos departamentos de inglés, portugués e xaponés.
CHARLA "PREVENCIÓN DE TODAS AS FORMAS DE VIOLENCIA CONTRA A MULLER"
O alumnado de 1 BACH recibiu unha charla do gabinete psicolóxico Alar sobre a prevención de todas a formas de violencia contra a Muller.
EXPLICACIÓN DAS PROBAS ABAU 2022
Nos documentos adxuntos atoparás información detallada sobre o procedemento das probas ABAU deste curso 2021-22
PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL. MINDFULNESS IMPARTIDO POLAS PSICÓLOGAS DO GABINETE ALAR.
Nos adxuntos atoparedes dúas guías moi útiles para poñer en práctica esta técnica de relaxación. Nelas inclúense enlaces a audios de exercicios mindfulness elaborados polo GIPCE ( Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
CHARLA SOBRE DIVERSIDADE.CHRYSALLIS.
Visitounos Soledad da asociación Chrysallis que reune a familias de menores trans e con ela aprendimos como a diversidade nos enriquece e como toda persoa ten dereito a ser respectada e non sofrir discriminación algunha baseada na súa orientación sexual e identidade de xénero.
ESCOLA SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA
O xoves 13 de xaneiro o alumnado de 1 Bach recibiu a visita de Óscar Alfeirán para informar do programa de estudos da Escola Superior de Hostalería de Galicia, así coma das súas saídas profesionais . Moitas grazas Óscar.
3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE. COLABORACIÓN CO CENTRO JUAN MARÍA
O día da discapacidade é un día de TODOS e de TODAS nesta sociedade xa que a diversidade nos enriquece. Por iso estamos pola diversidade e así o amosou toda a comunidade educativa do Val Miñor.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »