Orientación
XORNADA DE ACOLLIDA
O día 12 tivemos o privilexio de recibir a visita do alumnado de 6º de Educación primaria que se unirá ao noso centro educativo no próximo curso.
Durante esta xornada, os alumnos puideron percorrer o patio, ademais de visitar o taller de química, bioloxía e tecnoloxía, as aulas de música e Educación plástica, así como a nosa biblioteca. Para facer a vistia máis enriquecedora tiveron a oportunidade de interactuar cos nosos profesores realizando algunhas actividades divertidas e educativas.
Ademais de explorar as nosas instalacións e participar nos talleres, recibiron informacioń sobre a nova etapa que están a piques de comezar da man da orientadora do centro, que lles proporcionou información sobre a nova etapa e consellos para afrontala con éxito.
Vémonos o próximo curso!
GUÍA DE FERRAMENTAS DE CONTROL PARENTAL
Internet é unha arma de dobre fío para os rapaces e rapazas, pode ser unha potente ferramenta de aprendizaxe pero tamén un perigo se a usan de forma inadecuada.
Dada a brecha tecnolóxica existente entre xeracións, é imprescindible que os proxenitores tomen conciencia da importancia de actualizarse para estar ao día no uso das novas tecnoloxías.
Esta guía, elaborada polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a iniciativa Internet Segura for Kids (IS4K), ensinarache a manexar ferramentas básicas e gratuítas que che permitirán supervisar e xestionar o uso que dan os teus fillos da internet en diferentes dispositivos tecnolóxicos como o móbil, ordenador ou tablet.
CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A LIBERDADE DE EXPRESIÓN E DE OPINIÓN NAS REDES SOCIAIS
O día 15 de marzo grazas a colaboración da Universidade de Vigo, o alumnado de 4º ESO recibiu a visita de Xosé Manuel Pacho Blanco, Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración, Doutor en Dereito, e avogado.
O obxectivo da charla foi achegar a cuestión da liberdade de expresión nas redes e en todos os formatos actuais. Analizouse se é posible publicar todo o que se pensa nas redes e se existen límites en relación cos delitos de odio e dos contidos discriminatorios.
Moitas grazas Xosé Manuel.
CHARLA DIVULGATIVA SOBRE ADICCIÓNS CON E SEN SUBSTANCIA: causas, consecuencias e variables asociadas
O día 27 de febreiro grazas a colaboración da Universidade de Vigo, o alumnado de 4º ESO recibiu a visita de Manuel Isorna Folgar, doutor en Psicoloxía e experto en condutas adictivas. O obxectivo da charla foi falar da problemática das drogas tradicionais, a aparición de novas drogas, e das adiccións sen substancia (ou comportamentais) coma pode ser o uso do móbil, internet, videoxogos e as redes sociais.
As condutas aditivas, a pesar de ser en certo xeito autolesións, provocan sentimentos de benestar nas persoas que as realizan. Isto débese á descompensación entre os sistemas de recompensa e os de control inhibitorio, encargados de xerar a sensación de pracer e inhibir a conduta, respectivamente. Na charla ilustráronse os mecanismos neurolóxicos, psicolóxicos e sociais que facilitan e manteñen a adicción, tanto química coma comportamental ou psicolóxica.
Moitas grazas Manuel.
ABAU 2023
Normtativa- Resolución do 13 de febreiro de 2023- Instrucións para a realización, dentro do curso 22/23, da ABAU para o curso 23/24
MAPA DE RECURSOS XUVENTUDE
Información (en arquivo adxunto) para a xuventude sobre os recursos que os distintos departamentos do Goberno autonómico poñen a disposición en ámbitos como: educación, formación e emprego, igualdade, mobilidade, vivenda, información Xuvenil, ocio educativo e tempo libre.
Máis información na Oficina virtual de Asesoramento e Orientación para a xuventude
TALLER EN 4º ESO SOBRE CONSUMO E SOSTIBILIDADE
O alumnado de 4º curso de Educación secundaria, recibiu un taller impartido pola cooperativa galega Alalá, sobre consumo e a relación coa sostibilidade.
Foron dous sesións cunha metodoloxía participativa e activa, coa finalidade de sensibilizar e concienciar, identificar as causas e as consecuencias, xerar reflexións críticas e apostar por pílulas de bos hábitos cara á terra. Abordáronse conceptos como reducir, decrecer, emerxencia ecosocial, e alternativas para un bo vivir.
Grazas Julieta e Cande.
CHARLA INFORMATIVA DO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA
O día 11 de xaneiro o alumnado de 1 Bach recibiu a visita de Óscar Alfeirán Varela, para informar do Grao en xestión de empresas hoteleiras, así coma das súas saídas profesionais . A actividade foi organizada polo departamento de Orientación .
Moitas grazas Òscar.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »