Semana de Orientación

Alumnos de 1º Bach visitaron os Xulgados do Penal na Parda

O 17 de xaneiro alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a varios xuizos nos Xulgados do Penal na Parda e fixeron unha visita ás distintas instalacións do Xulgado, onde os profesionais encargados explicaron o seu traballo e os distintos trámites xudiciais.

 

Esta actividade está incluida no programa "Educar en Xustiza". Agradecemos a acollida do persoal de Xulgados, o tempo que nos adicaron e as interesantes explicacións.

 Preme aquí para ver tódalas fotos da Galería

O Valle-Inclán fomenta as vocacións científicas entre o seu alumnado

PROCESO DE ADMISIÓN Curso 2024-2025

PROCESO DE ADMISIÓN

 Curso 2024-2025

 Aberto o prazo de reserva de praza

para o alumnado dos centros adscritos ao IES Valle-Inclán,

desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febrero.

 

Centros adscritos na ESO:

 - CEIP San José

- CEIP plurilingüe Praza de Barcelos

- CEIP Álvarez Limeses

Centro adscrito no Bacharelato:

-         CPR plurilingüe Calasancio

 

Este trámite de reserva de praza deberá facerse desde o centro de orixe.

VIAXE A ANDORRA

VIAXE A ANDORRA 4º ESO 2024

DO 20 ao 27 de xaneiro

 

Documentación

 

Presiona sobre o documento para velo en PDF

 

Conferencia “El futuro siempre empieza hoy”

O 10 de novembro no paraninfo tivo lugar a conferencia “El futuro siempre empieza hoy” á que asistiu o alumnado de Economía de 1º de bacharelato e o alumnado de Empresa de 2º de bacharelato. Esta interesante charla foi impartida por Dª Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora da área de educación de AFundación de Abanca e profesora de finanzas de IASIDE.

Ao longo das dúas horas de charla, a conferenciante fai un percorrido polos cambios tecnolóxicos e dixitais das últimas décadas, cambios que están transformando o noso modo de vida e que son e serán máis rápidos nos próximos anos, ao igual que a loita contra o cambio climático. 
Todos estes cambios condicionan as profesións do futuro e supoñen todo un reto para a Educación.

Preme aquí para ver máis fotos de este evento.

Visita ao IIM

O venres 10 de novembro, o alumnado de Bioloxía de 2º Bacharelato do noso centro visitou o Instituto de Investigacións Mariñas dependente do CSIC, situado en Vigo.

CLUB DE LECTURA

Gústache ler? Queres atopar o teu próximo libro favorito? O club de lectura "Algo que contar" bota a andar na biblioteca! Un espazo para compartir a túa afección pola lectura e as historias que agochan os libros.

Preme sobre o cartel para velo en PDF

Xa podedes pasar pola Biblioteca e apuntarvos na actividade.

Estade atentos ás datas das reunións que anunciaremos nos corredores e paneis informativos.

TORNEO DE XADREZ

Sabes xogar ao xadrez? Na biblioteca podes xogar durante todos os recreos e próximamente vai comenzar a primeira edición deste curso do Torneo de Xadrez. Haberá premios!

 Preme sobre o cartel para velo en PDF

Xa podedes pasar pola Biblioteca e apuntarvos na actividade.

Estade atentos ás datas das reunións que anunciaremos nos corredores e paneis informativos.

VIII Concurso de relatos Valle-Inclán «IES Valle-Inclán»

Pulsa sobre la imagen para ver el cartel en pdf

AVISO DE LA ORGANIZACIÓN DEL CONCURSO:

SE APLAZA LA ENTREGA DE PREMIOS DEL CONCURSO DE RELATOS VALLE-INCLÁN UNA SEMANA.

Muchas gracias.

Un saludo

I CONCURSO DE TRADUCIÓN

O pasado 10 de outubro celebrouse na biblioteca a primeira edición do Concurso de Tradución con motivo do Día Mundial da Tradución. Uns 30 alumnos de todos os niveis traduciron ao galego e ao castelán textos en inglés, francés, alemán e latín. As gañadoras en cada categoría foron:

- Celia Rodríguez Seoane (1º-2º ESO)

- Miriam Kloub Castro (3º-4º ESO)

- Sara Castiñeiras Valiño (1º-2º Bacharelato)

Noraboa ás gañadoras e moitas gracias a todos e todas por participar.

Preme aquí para ver todas as imaxes deste evento.

REORGANIZACIÓN DOS ESPAZOS NA FASE 1 DAS OBRAS

O IES Valle-Inclán sigue co proceso de rehabilitación integral. Durante a Fase 1 das obras, levarase a cabo a reubicación dos diferentes grupos, atendendo a criterios pedagóxicos e ao desenvolvemento axeitado da actividade educativa. Esta nova reorganización efectuarase o vindeiro luns, 16 de outubro.

- Nova ordenación das aulas
 

 

Preme sobre o documento para ver a nova ordenación de aulas completa


- Disposición das aulas exteriores

 

                                                 Porta principal instituto

 

 

 

Aula 1

1º BACH. A

 

 

 

 

 

Aula 4

1º BACH. D

 

   

 

 

Aula 5

DESDOBRE I

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

      

 

 

Aula 7

2º BACH. A

 

 

 

 

Aula 9

2º BACH. C

 

 

 

 

 

 

Aula 2

1º BACH. B

 

 

Aula 3

1º BACH. C

 

 

 

 

 

Aula 6

1º BACH. E

 

 

 

 

Aula 8

2º BACH. B

 

 

 

 

Aula 10

2º BACH. D

 

 

 

 

Aula 11

2º BACH. E

 

 

 

                                                   Nova porta de saída

 

Visita a Edugal

O xoves 5 e o venres 6 de outubro, os alumnos de 4º ESO, de 2º Bach e un grupo reducido de 1º Bach , visitaron Edugal Pontevedra 2023. Algúns asistiron a uns talleres  de Intelixencia Artificial, Videoxogos e Modelado 3D.

 

II Xornada de Emprendemento Social Ticket2Europe/ Valle-Inclán.

Co gallo do Pont-Up Store o venres 30 de setembro, celebrouse o segundo obradoiro de START UP Entrepeneurship en inglés, no que participan mozos europeos que desenvolven un ERASMUS + cos alumnos de economía de 1º de bacharelato.

Preme sobre a imaxe para ver tódalas fotos da xornada

Distribuir contido