O irmán do vento, de Manuel Lourenzo
Enviado por Anónimo o Lun, 06/12/2010 - 13:01
Iniciar sesión |
O irmán do vento, de Manuel Lourenzo
Enviado por Anónimo o Lun, 06/12/2010 - 13:01
|
Blogs do centroEventos
|
Montserrat Esperón Iglesias (2º C Bacharelato adultos )
Este libro narra a historia dun neno en primeira persoa, trata dun neno iraquí que escribe cartas ao seu amigo galego pero que en realidade esas cartas son como o seu diario no que vai contando todo o que lle pasa cada día e como viviu el a guerra de Iraq.
Persoalmente este libro pareceume fantástico e moi entretido, a maneira de narrar as dúas historias paralelas pareceume magnífica. Este libro gustoume moito porque aprendes costumes doutro país e tamén que ás veces os teus inimigos son os teus aliados.
Tamara Martínez Calvar, 2º Bacharelato Adultos
O libro Irmán do vento está baseado na guerra iraquí e estadounidense, trata dun rapaz que tras ser enviado o seu pai a guerra trata de descubrir onde está e se realmente está morto ou ferido . Tamén está namorado dunha rapaza, Amrah. Neste libro trátase o amor, a guerra, a xustiza e sobre todo a perspectiva dun rapaz sobre a crueldade sobre o seu pobo.