E-DIXGAL. INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE A FORMA DE TRAMITAR A CONTRATACIÓN DO SEGURO ANUAL PARA OS PORTÁTILES DO ALUMNADO
Poden facer a contratación dun seguro anual (válido dende setembro de 2023 ata agosto de 2024), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía.
O custe anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse a través do número de teléfono 881 505 136 ou enviando un correo a: coberturasir@plexus.es (para as familias que contrataron o seguro) e sat.edixgal@plexus.es (para as familias que non contrataron o seguro).
NORMAS PARA A DENOMINACIÓN DOS CURSOS:
O nome completo do curso consistirá no nome da materia seguido do curso sin ordinal e da letra ou letras do grupo ou grupos, se hai cursos diferentes para os distintos grupos, seguido dun guión e nome e apelidos do/da profesor/profesora.
O Nome curto do curso debe consistir nas iniciais do nome completo do curso (sen as letras do grupo), un guión, e as iniciais do nome e apelidos do profesor ou profesora que crea o curso.
Por exemplo:
Nome longo: Matemáticas Aplicadas 3 ESO B/C - Lois Alonso Ferreiro
Nome curto: MA3E-LAF