Iniciar sesión: Acceso

NOVAS DA CONSELLERÍA

PUBLICADAS AS Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instruciónsdo 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ao obxecto de ampliar e de concretar determinados aspectos relativos aavaliacióne criterios depromoción edetitulación, recollidos nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, procede ditar as seguintes instrucións,

1. Obxecto e ámbito de aplicación

1.1. Estasinstrucións teñen por obxectoampliare concretardeterminados aspectos dasInstruciónsdo 27 de abril de 2020, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20nos centros docentesdaComunidade Autónoma de Galicia, no relativo acriterios de avaliación,promoción etitulaciónpara o presente curso 2019/20.

1.2.Son de aplicación en todos os centros educativos non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas establecidas naLei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, na redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, no contexto da aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID19.

2. Probas finaise avaliación final

2.1 Os centros educativos non poderán realizar probasde modo presencialao alumnado. Aquelescentros que tiveran previsto a realización deprobaspresenciais, coa finalidade de aumentar as oportunidades do alumnado para superar as materias pendentesou con avaliación negativa,só poderán realizalasde modo non presencial,polo mesmo mecanismo co que cada centro se viñese comunicando co seu alumnado no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe desde a suspensión da actividade presencial. Se os docentes o consideran oportuno, asprobas poderán ser substituídas pola realización de traballos ou actividades que permitan unha avaliación obxectiva do alumno ou alumna.

2.2. As probas extraordinarias do mes desetembro, realizaransena modalidade presencial ou non presencial,en función das condicións sanitarias existentes no momento da súa celebración. Ditas probas versarán exclusivamente sobre os obxectivos, as aprendizaxes e as competencias desenvolvidas en modo presencial durante o primeiro e o segundo trimestre.

2.3. Os centros educativos celebrarán conxuntamentea sesiónda terceira avaliación parcial e asesión da avaliación final,levantándose a correspondente acta. Valorarase o esforzo do alumno ou da alumna na realización das tarefas e actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación de aprendizaxes propostas,e o interese amosadono seguimento da actividade educativa desenvolvidano períodonon presencial, tendo especial consideración ás dificultades de carácter tecnolóxico, social ou persoal que puideran ter concorrido en cada un dos alumnos e alumnas. En todo caso, a valoracióndas actividades realizadas na fase non presencial poderá ter valor positivo para a cualificación final do alumno ou da alumna.

2.4. Polascircunstancias excepcionais do desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020, nos documentosde avaliaciónos centros educativosrexistrarán as cualificacións da primeira e da segunda avaliación e as cualificacións da avaliación final. Nonserexistrarán cualificacións da terceira avaliación.No caso das ensinanzasdeformación profesional rexeranse polasúa normativa específica.

3. Criterios de promociónen educación secundariaobrigatoria, en formación profesional básicae en bacharelato

3.1. En educación secundaria obrigatoria, en formación profesional básicae en bacharelato, independentementede que a adopción dadecisiónsobre promoción se adopte por parte do equipo docente na convocatoria ordinaria de xuño ou na extraordinaria de setembro, os alumnos e as alumnas que promocionen dun curso a outro dentro da mesma etapacon materias non superadas terán dereito a presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro, a fin de posibilitarlle a recuperación desas materias.

3.2.Os resultadosda convocatoria extraordinarianon alterarán as decisións de promoción que se tiveran adoptado na avaliación final ordinaria, agás que sexan máis favorables para o alumno ou alumna. Para estes efectos, a situación de non presentado/a (NP) na avaliación extraordinaria equivalerá á cualificación numérica obtida para a mesma materia na avaliación ordinaria.

4.Criterios de titulaciónen bacharelatoOs centros educativos poderán flexibilizar, de maneira excepcional, os criterios para a obtención do títulode bacharelatosen ter en consideración as limitacións que afecten ao número de materias non superadas, cando a xuízo do equipo docente, o alumno ouaalumna teña adquiridos suficientemente os obxectivos xerais de etapa que lle permitan continuar o seu itinerario académico.En todo caso,a nota media da etapa debe ser igual ou superior a 5.

5. Informe individualizadoO informe individualizado recollido no punto7.4das Instrucións do 27 de abrilserá coordinadopolo profesorado titorcoas aportacións doprofesorado dogrupo. Facilitarase o modelo aos centros educativos.

 

(preme o enlace)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/28_05_2020_instrucions_c...

 

Eventos

« Setembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa