Iniciar sesión: Acceso

SEGUNDA AVALIACIÓN

Comunícase ao alumnado e ás familias que, seguindo instrucións da Consellería con competencias en materia de educación, con data 3 de abril pecharase a segunda avaliación do presente curso, coa correspondente comunicación de cualificacións.

Isto farase con garantías nos seguintes termos:

  • A avaliación só terá en conta os aspectos curriculares e o traballo desenvolvido ata o 13 de marzo de 2020, último día antes da declaración do estado de alarma.
  • A avaliación desenvolverase telemáticamente.
  • A avaliación terá que estar pechada a data 3 de abril de 2020.

O centro complementou estas ordes coas seguintes instrucións dadas ao/á/s titores/as e ao profesorado:

  • A dirección do centro estableceu un procedemento de avaliación telémática con garantías para o alumnado, tentando normalizar o máis posible o proceso avaliador.
  • O profesorado terá en conta, cada un/ha na medida das súas posibilidades, só os exames, probas, tarefas, traballo/s, anotacións e rexistros feitos ata o 13 de marzo de 2020.
  • Cada departamento didáctico recollerá esta incidencia nas súas actas de departamento.
  • O 3 de abril as cualificacións estarán en Abalar Móbil a partires das 10:00 horas (no arquivo adxunto hai instrucións para descargar a aplicación).

(consulta)

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

(clica 1 adxunto)

AdxuntoTamaño
INSTRUCIÓNS PARA DESCARGAR abalarMÓBIL.pdf46.52 KB

Eventos

« Setembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa