Xornada de portas abertas EOI
A Escola Oficial de Idiomas de Vigo na Sección de Ponteareas mantén aberta a matrícula para o curso 2024-2025 ata o 20 de setembro ás 14h00. As clases do novo curso académico comezan a partir do día 11 de setembro e nesta primeira semana (ata o día 17) atópase de Portas Abertas para toda aquela persoa que dexese informarse ou experimentar unha clase.
A escola proporciona clases presenciais dúas veces á semana de dúas horas cada clase para quen queira obter unha certificación oficial ou simplemente mellorar as súas habilidades lingüísticas tanto en inglés como en francés. Ofrece a posibilidade de estudar o nivel básico integrado (A1-A2) e o nivel intermedio B1 de francés e o nivel básico, intermedio e avanzado de inglés (A1-C1.2).
Para máis información visite a páxina web eoidevigo.org ou anímese a participar nas xornadas de Portas Abertas.
Para contactar coa Sección de Ponteareas escriba un email a eoi.vigo.ponteareas@edu.xunta.gal ou chame o teléfono 886 11 05 13