Iniciar sesión: Acceso

Bolsas para estudos de bacharelato. Curso 2022-2023

Compartimos información relativa ás bolsas para estudos de bacharelato:

1º Bacharelato:

Requisitos: ter una nota media de, polo menos, 5 puntos en 4º ESO e non estar repetindo no curso actual.

2º Bacharelato:

Requisitos: ter aprobado no curso anterior todas as materias, menos unha. Excepto para que repetise no curso anterior, que debe ter aprobadas todas as materias. Non estar repetindo  no curso actual.

Obrigas comúns:

  • Non darse de baixa durante o curso 2022-2023
  • Asistir, polo menos, ao 80% das clases
  • Aprobar un mínimo do 50% das materias, en convocatoria ordinaria ou extraordinaria

PRAZO: do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022

Información e solicitudes: https://www.becaseducacion.gob.es

Exposición Irlanda e San Patricio

Inaugurada a exposición temática Irlanda e San Patricio no IES val do Tea.

Agradecemos públicamente as aportacións e convidamos aos membros da nosa comunidade educativa a visitala no horario de apertura do centro.

          

VACANTES PARA O CURSO 2022/2023

Publícase a relación de vacantes por cursos no IES val do Tea para o curso 2022/2023

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022 - 2023

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CURSO 2022 - 2023 SERÁ DO 1 AO 21 DE MARZO.

As solicitudes presentaranse a través da aplicación ADMISIÓNALUMNADO, ou presencialmente en modelo normalizado no centro elixido en primeiro lugar.

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo do 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

VI FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS

No IES Val do Tea apostamos polo futuro profesional do noso alumnado. O 16 de febreiro, máis de 60 rapaces e rapazas de 3º ESO, 4º ESO e 2º Bacharelato acudiron a VI Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas acompañados polo orientador do noso centro educativo. 

 

                           

EXPOSICIÓN IRLANDA E SAN PATRICIO

Compartimos comunicado para a participación do conxunto da comunidade educativa na exposición IRLANDA E SAN PATRICIO, que terá lugar no noso centro educativo entre os días 7 e 17 de marzo.

PROBAS DE AVALIACIÓN INICIAL PARA ADULTOS NO 2º CUADRIMESTRE

AS DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DA AVALIACIÓN INICIAL PARA PERSOAS ADULTAS CORRESPONDENTES AO SEGUNDO CUADRIMESTRE NO IES VAL DO TEA SON AS SEGUINTES:

DATA ÄMBITO HORA AULA

MARTES

08/02/22

CIENTÍFICO - TECNOLÓXICO 11:00 h DE CONVIVENCIA

MÉRCORES

09/02/22

DA COMUNICACIÓN 10:00 h DE CONVIVENCIA

XOVES

10/02/22

SOCIAL 10:00 h DE CONVIVENCIA

ESTAS PROBAS REALIZARANSE CO OBXECTIVO DE ADSCRIBIR ÁS PERSOAS SEN REQUISITOS ACADÉMICOS AO MÓDULO ADECUADO EN CADA ÁMBITO DE COÑECEMENTO.

Axudas para a formación en linguas extranxeiras

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • Un total de 525 prazas.
  • Estancia de 3 semanas.
  • Países de destino: Canadá, Portugal, Reino Unido e Francia.
  • Prazo de presentación das solicitudes: un mes dende a súa publicación no DOG - 31 de xaneiro.
  • Cuantía das axudas no Anexo IV

Máis información no documento adxunto.

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa