Achegámonos ao mundo grecolatino con Antígona
Enviado por admin o Mér, 21/02/2024 - 19:17Na mañá de onte, o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Artes escénicas asistiu á representación de Antígona, de Sófocles, representada polo Grupo Corzos Reunidos, casa de Castilla la Mancha (A Coruña). Esta representación forma parte da programación do Festival de teatro grecolatino deste ano e tivo lugar no Teatro Municipal de Tui.
Fixérono ademais acompañados do alumnado de 4º Primaria do CEIP Plurilingüe Santiago de Oliveira. Sen dúbida, unha actividade interesante para todos e todas elas.
Entroido 2024
Enviado por admin o Mar, 20/02/2024 - 18:13Celebramos o Día Mundial da Radio
Enviado por admin o Lun, 19/02/2024 - 18:44Esta mañá, para conmemorar o Día Mundial da Radio, un grupo de alumnas e alumnos participou no programa de radio que organiza o IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas).
Podedes ver o programa neste enlace (e a nosa participación a partir do 02:12:00):
Boas prácticas de mitigación do cambio climático
Enviado por admin o Ven, 16/02/2024 - 19:22Este xoves, o alumnado de 4º ESO participou na charla do programa A Ponte "Emerxencia climática: boas prácticas educativas de mitigación e adaptación ao cambio climático nos centros educativos".
Que podemos facer nós para colaborar a contrarrestar os efectos do cambio climático? Posiblemente máis do que pensamos!
FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA 1º E 2º BACHARELATO
Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).
A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/
IV CERTAME FILOSÓFICO: REPENSAR O AMOR
Volve o concurso filosófico Repensar o amor!
O concurso vai dirixido ao alumnado matriculado no IES Pedra de Auga, no IES Val do Tea e no IES do Barral. Haberá dúas modalidades de participación:
➔ Modalidade A: ENSAIO. Nesta modalidade, trátase de construír un ensaio PROPIO e ORIXINAL sobre o amor revisando algúns dos mitos que circulan na nosa sociedade sobre este sentimento e/ou aportando novos enfoques de comprensión de dito fenómeno na actualidade.
➔ Modalidade B: IMAXE + LEMA. Nestoutra modalidade, o/a concursante presentará ou ben unha FOTOGRAFÍA FEITA POR EL/ELA MESMO/A ou ben unha ILUSTRACIÓN DE ELABORACIÓN PROPIA (en ningún caso se aceptarán imaxes descargadas) que recolla algún aspecto relacionado co amor e acompañará a imaxe dunha FRASE BREVE que lle dea voz ou a explique e que convide á reflexión.
En cada unha desas modalidades, estableceranse catro seccións de concorrencia ao concurso correspondentes ao NIVEL académico do alumnado, a saber: ESO, BACHARELATO, ESA ou CICLOS FORMATIVOS.
Podedes consultar as bases neste enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »