Obradoiro de “crêpes” con La Marinière
Enviado por admin o Mar, 18/06/2024 - 09:40O luns 20 de maio, o alumnado de Francés de ESO e 1º de Bacharelato participou nun obradoiro de “crêpes”.
Un ano máis, Jérémy Thomas achegouse ao noso centro co seu food truck “La Marinière”.
O alumnado estivo atento á presentación que Jérémy lle fixo sobre a rexión de Bretaña e respondeu con dinamismo ás súas preguntas. Logo, tocoulle por mandís para axudar na preparación duns “crêpes” que aderezaron con diferentes recheos.
O profesorado organizador quere destacar a boa implicación do alumnado en todas as fases do obradoiro e a súa inmersión nos roles a interpretar. Parabéns!
Aínda non terminara a actividade, que xa estaban reclamando a súa repetición como mínimo unha vez ao mes!!!
Graduación 2º Bacharelato 2024
Enviado por admin o Lun, 17/06/2024 - 10:14Compartimos convosco este "pequeno" álbum fotográfico da celebración o pasado venres 7 de xuño do Acto de Graduación de 2º Bacharelato. Nin a chuvia foi quen de quitarlles as ganas de celebrar!
Parabéns, rapazas e rapaces. Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa que comezades.
Silvia Penas e Samuel Merino volven polo Val do Tea
Enviado por admin o Lun, 17/06/2024 - 09:49O pasado luns o alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato, e tamén as familias de noso club de lectura, recibiron a visita de Samuel Merino (@pompa_e_boato) e Silvia Penas (@silvia_penas_estevez). Viñeron traernos o ceu, o claustro, a corda, o comensal, a porcelana, os retratos de vodas, partos e funerais...
O fío da vosa poesía traspásanos, Samu e Silvia! Grazas pola vosa visita.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: FÚTBOL
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DA PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO AO CICLO INICIAL DE GRAO MEDIO
TÍTULO DE TÉCNICO DEPORTIVO NA MODALIDADE DE FÚTBO (CEMAR)
PRAZO INSCRICIÓN DA PROBA ESPECÍFICA : ata o día 5 de setembro de 2024
LUGAR DE PRESENTACIÓNS DAS INSCRICIÓNS: Oficina do IES Val do Tea (Ponteareas)
HORARIO DE OFICINA: das 09.00 ás 14.00 h (de luns a venres)
Luns pola tarde de 16.30 ás 18.30 h
DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA FACER A INSCRICIÓN
. Formulario de inscrición
. Título de graduado en secundaria obrigatoria ou equivalente
. DNI en vigor
. Taxas aboadas co modelo AI
. Documento acreditativo da bonificación ou exención no pagamento das taxas, de selo caso
. Certificado de recoñecemento do grao de discapacidade (só terá que achegarse cando no sexa emitido pola Xunta de Galicia ou no caso de non autorizar a súa consulta)
. No caso de solicitar a exención a proba específica: solicitude de exención e documento acreditativo
DATA E LUGAR DA PROBA ESPECÍFICA
A proba terá lugar nas instalacións deportivas do centro autorizado CEMAR de Mondariz-Balneario, sitas no Club Hípico Cemar (Estrada Xeral Ponteareas-Mondariz Balneario km 7 (36890 Mondariz-Balneario, Pontevedra)
Data: mércores, 11 de setembro de 2024, ás 10.00 h.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: HÍPICA
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DA PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO AO CICLO INICIAL DE GRAO MEDIO
TÍTULO DE TÉCNICO DEPORTIVO NAS DISCIPLINAS HÍPICAS DE SALTO, DOMA E CONCURSO COMPLETO CURSO (CEMAR)
PRAZO INSCRICIÓN DA PROBA ESPECÍFICA : ata o día 5 de setembro de 2024
LUGAR DE PRESENTACIÓNS DAS INSCRICIÓNS: Oficina do IES Val do Tea (Ponteareas)
HORARIO DE OFICINA: das 09.00 ás 14.00 h (de luns a venres)
Luns pola tarde de 16.30 ás 18.30 h
DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA FACER A INSCRICIÓN
. Formulario de inscrición
. Título de graduado en secundaria obrigatoria ou equivalente
. DNI en vigor
. Taxas aboadas co modelo AI
. Documento acreditativo da bonificación ou exención no pagamento das taxas, de selo caso
. Certificado de recoñecemento do grao de discapacidade (só terá que achegarse cando no sexa emitido pola Xunta de Galicia ou no caso de non autorizar a súa consulta)
. No caso de solicitar a exención a proba específica: solicitude de exención e documento acreditativo
DATA E LUGAR DA PROBA ESPECÍFICA
A proba terá lugar nas instalacións deportivas do centro autorizado CEMAR de Mondariz-Balneario, sitas no Club Hípico Cemar (Estrada Xeral Ponteareas-Mondariz Balneario km 7 (36890 Mondariz-Balneario, Pontevedra)
Data: mércores, 11 de setembro de 2024, ás 12.00 h.
Charlas culturais con Burlington
Enviado por admin o Lun, 03/06/2024 - 19:34O pasado xoves o alumnado de 1º e 2º ESO asistiu ás charlas culturais da editorial Burlington. E ti? Canto sabes do Reino Unido? E de Irlanda?
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2024 - 2025 NA ENSINANZA SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS - ESA
O proceso de solicitude de admisión na ensinana secundaria de persoas adultas, ESA, está regulado nos artigos 24 e seguintes da Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Nesta orde, no artigo 26.2, establécense que ¨Na modalidade presencial, o prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 15 de xuño de cada ano, e o prazo de matriculación será o comprendido entre o 1 e o 8 de setembro para o primeiro cuadrimestre (Módulos I e III) e entre o 9 e o 19 de xaneiro para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulos II e IV)¨.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA CURSAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
- Impreso de solicitude de admisión.
- Certificado de estudos (certificación académica do último curso agás se é do Módulo I).
- Copia do DNI.
- Copia da tarxeta sanitaria.
A documentación presentarase na Secretaría do centro en horario de 9:00 h a 14:00 h, de luns a venres, ou, tamén, os luns pola tarde en horario de 16:30 h a 18:00 h.
Teléfono de información do Centro: 886 110 513.
Charla sobre a protección da natureza (Plan Director)
Enviado por admin o Mér, 29/05/2024 - 11:43Onte, martes, o alumnado de 2º ESO participou nunha charla informativa para dar a coñecer o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) dependente da Garda Civil así como transmitir información básica e pautas de actuacións ante diversas emerxencias que se poidan dar.
Participamos na XVIII edición de Esculturas de area na Lanzada
Enviado por admin o Mér, 29/05/2024 - 09:26O pasado luns o alumnado de 3º ESO participou na actividade Esculturas de area, organizada un ano máis polo IES Monte da Vila de O Grove, unha experiencia diferente e que gustou moito ao alumnado. E para mostra, compartímosvos algunhas imaxes da xornada!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »