Skip to Content

Taboleiro

Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural (I) - Ana Vázquez

 

Acceso á entrevista a Ana Vázquez de Airas Moniz. Se queres ter máis información sobre este proxecto interdisciplinar preme aquí.

Xornada de Portas Abertas 2022

03/06/2022 17:00
03/06/2022 19:00

O venres 3 de xuño de 2022, de 17:00 a 19:00 horas o IES VAL DO ASMA celebra a súa xornada anual de portas abertas. Estades todos/as (familias, futuro alumnado, ...) convidados/as a coñecer o noso centro. Faremos un percorrido por todas as instalacións. Esperámosvos!

Premios extraordinarios ESO 2021-2022

Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22. Prazo de presentación de solicitudes: do 31 de maio de 2022 ata o 30 de xuño de 2022.
Acceso á información.

Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural

27/05/2022 20:00
27/05/2022 21:00

Con motivo do remate da actividade "Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural" realízase a entrega de retratos ás interesadas. Esta actividade consistiu en escoitar a testemuña de mulleres emprendedoras no rural da comarca de Chantada. Para iso, o alumnado de 1ºCB Mantemento de vehículos no módulo de Comunidad e Sociedade I (Galego) elaborou as entrevistas, o alumnado de 1ºCS Administración e finanzas no módulo de FOL realizou as entrevistas en persoa e a súa transcrición e o alumnado de 1º BAC na mateira de Debuxo Artístico I tomou fotografías e realizou os retratos que serán entregados no acto de hoxe.

Lugar: Espacio expositivo do Auditorio de Chantada
Grupos: 1º CB Mantemento de vehículos, 1ºCS Administración e finanzas e 1º BAC.
Organiza: Departamentos de Lingua Galega, FOL e Plástica.

Acto de gradación 2022

27/05/2022 18:30
27/05/2022 20:30

Con motivo da finalización do período lectivo de 2º BAC e 2º cursos de FP o IES Val do Asma celebra un acto de gradación ao que asistirán autoridades, familiares e amigos/as do alumnado.Neste acto cada alumno/a recibirá un diploma acreditativo da súa formación. Ao final do acto servirase unha bebida e un petisco. Para rematar a xornada festiva, alumnado e profesorado acudirán a unha cea conxunta.

Lugar: Auditorio de Chantada (entrada con invitación).
Grupos: 2º BAC, CM Electromecánica de vehículos, CS Desenvolvemento de aplicacións web (dual) e CS Administración e finanzas.
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares (DACE).

Obradoiro sobre Educación afectivo-sexual

27/05/2022 12:35
27/05/2022 14:15

Obradoiro impartido por Luisa Astray da UAD de Monforte de Lemos dirixido ao alumnado do 1º curso da FP básica e de 1º do CM no seguinte horario:

  • 1º CM de 12:35 a 13:25
  • 1º CB de 13:25 a14:15

Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM e 1º CB
Organiza: Departamento de Orientación

Clase Maxistral de Hóckey

04/04/2022 08:45
04/04/2022 14:15

Clase maxistral impartida desinteresadamente por Roberto o entrenador do Club Hóckey Barrocás de Ourense dirixida ao alumnado de ESO e BAC.

Lugar: Pavillón do IES VAl do Asma

Grupos participantes: ESO e 1º BAC

Organiza: Departamento de Educación Física

Bolsas de estudos para alumnado con necesidade específica de apoio educativo curso 22-23

Aberto o prazo de presentación para solicitar bolsas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Para máis información preme aquí e para o acceso á web de solicitude preme aquí. Prazo de presentación dende 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

Que estudar en Galicia?

Dende a páxina web de Xuventude.net tedes información sobre:

  • Que podes estudar o próximo curso?
  • Onde te podes aloxar?
  • Que axudas tes para estudar?

Preme en Estudos dispoñibles en Galicia, aloxamentos e bolsas para acceder á información

Campamentos de verán e campos de voluntariado

Aberta a convocatoria para solicitar campamentos de verán (ata 17 anos) e campos de voluntariado (a partir dos 18 anos). Os campamentos pídense cubrindo a solicitude e presentandoa na sede electrónica da Xunta ou presencialmente nunha oficina de rexistro da Xunta, do teu concello ou incluso en correos e os campos de voluntariado solicítanse cun formulario na web de Xuventude.

Prazos de solicitude:

  • Campamentos de verán: desde o 18 de maio de 2022
  • Campos de Voluntariado en Galicia: a solicitude estará aberta ata 3 días antes do inicio da actividade
  • Campos de Voluntariado noutras Comunidades: formulario aberto desde o 18 ao 27 de maio
  • Campos de Voluntariado no estranxeiro: formulario aberto desde o 18 ao 19 de maio

Preme aquí para ter toda a información (formularios, solicitudes, actividades ofertadas, datas...)

Distribuir contido


by Dr. Radut