Skip to Content

Complementarias

EduReferentes (II)

21/03/2024 09:25
21/03/2024 12:35

Programa da Consellería de Educación para facilitar a orientación vocacional do alumnado dende idades temperás a través do coñecemento de referentes femininos co fin de favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Destinatarios/as: Alumnado do CB Informática de oficia e de Economía de 4º ESO.
Lugar: Salón de Actos.
Organiza: Departamento de Orientación.

 

Canguro matemático 2024

21/03/2024 08:45
21/03/2024 10:25

Participación no concurso de ámbito nacional, Canguro matemático, organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM).

Destinatarios/as: Alumnado, previamente inscrito, que vai dende 1º ESO ata 1º BAC.
Lugar: Salón de Actos
Colabora: Departamento de Matemáticas

Visita ao Campus de Ourense

19/03/2024 08:45
19/03/2024 14:15

Visita do alumnado de 1º e 2º BAC para recibir información sobre os estudos impartidos pola Universidade de Vigo no Campus de Ourense en horaio por concretar.

Destinatarios/as: Alumnado de BAC
Lugar: Ourense
Colabora: Departamento de Orientación.

Teatro "Le malade imaginaire"

11/03/2024 09:30
11/03/2024 14:15

O alumnado de lingua francesa asistirá á representación da famosa comedia de Molière, O doente imaxinario.

Destinatarios/as: Alumnado de francés de 2º, 3º e 4º ESO.
Lugar: Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
Organiza: Departamento de Francés.

Xincana polo 8M - Cancelada!

08/03/2024 09:35
08/03/2024 12:15

Parcicipación nunha das actividades organizadas polo Concello de Chantada con motivo do Día da Muller.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º ESO
Lugar: Chantada
Colabora: Departamento de ACE (Actividades Complementarias e Extraescolares).

NOVIDADE: Por mor da previsión meteorolóxica o Concello de Chantada comunica o día 6 de marzo a cancelación desta actividade!!!

Visita á empresa DaVeiga

29/02/2024 11:30
29/02/2024 13:30

Visita do alumnado dos ciclos medio e superiores á empresa DaVeiga pioneira na economía social na comarca de Chantada.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º CM Electromecánica de vehículos, 1º CS Administración e finanzas e 1º Desenvolvento de Aplicacións Web.
Lugar: Chantada
Organiza: Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral).

Aprender a emprender no rural dende a economía social - 3ª Sesión

26/02/2024 15:00
26/02/2024 15:50

Programa de Fomento do Desenvolvemento Rural Sustentable a través da Economía Social e a Innovación nos centros de ensino promovido por DaVeiga Producción Responsable, S.L.L. Este programa levarase a cabo entre o 19 de febreiro e o 1 de marzo de 2014.

Destinatarios/as: Alumnado de CS Desenvolvento de Aplicacións Web.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral).

Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

26/02/2024 09:35
26/02/2024 11:15

Obradoiro "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais" da Consellería de Educación.

Destinatarios/as: Alumnado de 3º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamentos de Orientación.

Obradoiro de escritura medieval

22/02/2024 10:30
22/02/2024 13:25

Obradoiro de 90 minutos de duración, organizado polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense, en que o alumnado se achegará á caligrafía medieval.

Destinatarios/as: Alumnado de 2º ESO.
Lugar: Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
Organiza: Departamento de Lingua Galega.

Charla "Ciberseguridade informática"

22/02/2024 10:30
22/02/2024 11:15

Charla sobre a ciberseguridade informática.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º e 2º do CB Informática de Oficina.
Lugar: Salón de Actos.
Organiza: Departamentos de Orientación.

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut