Skip to Content

Complementarias

PRÁCTICA DE LABORATORIO 5º PRIMARIA

21/05/2018 12:30
21/05/2018 13:30

O alumnado de 5º de primaria do CEIP Eloísa Ribadulla acude ao IES Val do Asma a realizar unha práctica de laboratorio coa axuda de alumnado de 3º ESO.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º ESO e 5º primaria do CEIP Eloísa Ribadulla.
Organiza: Departamento de Bioloxía.

RECITAL LETRAS GALEGAS 2018

14/05/2018 15:00
14/05/2018 16:45

Recital de poemas e fragmentos de textos de María Victoria Moreno para celebrar o Día das Letras Galegas. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Escola de música de Chantada

Grupos: 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC

Organiza: Equipo Dinamización Lingua Galega.

03/05/18 O DEFENSOR DO POBO PREMIA A UN ALUMNO DO IES VAL DO ASMA POR UNHA OBRA PLÁSTICA SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

PREVENCION DA DROGODEPENDENCIA (2ª PARTE)

03/05/2018 10:25
03/05/2018 14:15

Segunda charla sobre a prevención da drogodependencia impartida por persoal da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.
Lugar: Nas aulas correspondentes.
Grupos: 1º ESO de 12:35 a 13:25
        2º ESO e PMAR de 10:25 a 11:15
        3º ESO e FPB de 13:25 a 14:15
Organiza: Departamento de Orientación.

CONCERTO DÍA DE EUROPA 9 DE MAIO.

07/05/2018 15:05
07/05/2018 15:55

Ao longo deste curso escolar o IES Val do Asma colabora de xeito continuado coa Escola de Música de Chantada, nesta ocasión celebraremos o Día de Europa, 9 de maio,  con un repertorio representativo de distintos países europeos. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Salón de actos do IES.
Grupos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4ºESO e 1ºFPB.
Organiza: Departamento de Inglés e Departamento de Francés.

 

 

PREVENCION DA DROGODEPENDENCIA (1ª PARTE)

26/04/2018 10:25
26/04/2018 14:15

Charla sobre a prevención da drogodependencia impartida por persoal da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.
Lugar: Nas aulas correspondentes.
Grupos: 1º ESO de 11:45 a 12:35
        2º ESO e PMAR de 13:25 a 14:15
        3º ESO e FPB de 10:25 a 11:15
Organiza: Departamento de Orientación.

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL-QUÉROTE+

26/04/2018 12:35
26/04/2018 14:15

Charla impartida dentro do proxecto QUÉROTE+

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º ESO
Organiza: Departamento de Orientación.

 

CONCERTO DIDÁCTICO - ABRAHAM CUPEIRO

20/04/2018 11:45
20/04/2018 13:25

Alumnado do IES Val do Asma disfrutará dun concerto didáctico-pedagóxico do músico Abraham Cupeiro no cal mostrará o seu traballo de recuperación de instrumentos musicais antigos. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Auditorio de Chantada.
Grupos: 2º ESO e 3º ESO.
Organiza: Departamento de Música.

TEATRO GRECOLATINO

09/04/2018 10:25
09/04/2018 19:00

Alumnado do IES asistirá ao espectáculo do Festival Xuvenil de Teatro Grecolatino onde disfrutarán da comedia latina Anfitrión de Plauto e da traxedia grega Las Troyanas de Eurípides.


Lugar: Auditorio Municipal de Ourense.

Grupos: 4º ESO, 1º e 2º BAC

Organiza: Departamento de Latín.

ROTEIRO POLO RÍO MIÑO

09/04/2018 10:25
09/04/2018 14:15

Alumnado do IES realizará un roteiro polo río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense, en bicicleta ou a pé dependendo do tempo. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: Ourense
Grupos: 4º ESO (ciencias).
Organiza: Departamento de Bioloxía.

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut