Skip to Content

Complementarias

Día dos Autores Europeos 2023

27/03/2023

Para conmemorar o Día dos Autores Europeos o IES Val do Asma realizará unha das tres actividades propostas pola Comisión Europea: Sesións de lecturas nas escolas.

O profesorado de 3 das 24 linguas oficiais da Unión Europea (Español, Francés e Inglés) xunto co alumnado de ESO e 1º BAC realizarán, dentro do seu horario lectivo, lecturas de textos de autores da UE que logo compartirán nas redes sociais co hashtag #ReadWithEurope! e das que enviarán imaxes e vídeos á entidade organizadora xunto cos demais centros educativos europeos participantes.

Organiza: Equipo Erasmus+ e profesorado de Lingua castelá, francés e inglés.

https://ec.europa.eu/assets/eac/culture/day-of-european-authors/day-of-european-authors-emailsignature.jpg

Charla en liña do Centro Galego de Arte Contemporánea

27/03/2023 11:45
27/03/2023 12:35

O alumnado de 4º ESO que cursa a materia de plástica asistirá a unha charla en liña imprartida polo CGAC. O obxectivo de "Un achegamento á arte contemporánea. O CGAC e a súa colección" é achegar a arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.

Dirixido a: Alumnado de Plástica de 4º BAC
Lugar: Aula de plástica
Organiza: Departamento de Plástica

Da idea á idea de negocio - eduEmprende Actúa

23/03/2023 11:45
23/03/2023 13:25

Obradoiro "Da idea á idea de negocio" impartido dentro do programa eduEmprende Actúa da Consellería de Educación que consistirá na posta en práctica da análise dunha idea de negocio a través do LEAN CANVAS, empregando unha metodoloxía grupal e participativa mediante unha tormenta de ideas de negocio. 

Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º cursos do CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles e CS Administración e Finanzas

Lugar: IES Val do Asma

Organiza: Departamento de FOL.

Laboratorio de fotografía e identidade - 3ª sesión

21/03/2023 11:45
21/03/2023 12:35

Segunda sesión do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude". Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

Obradoiro de escritura medieval

17/03/2023 09:00
17/03/2023 13:30

Actividade impartida polo Arquivo Histórico provincial de Ourense  na que se realiza un taller moi participativo relativo á escritura da Idade Media, poñendo en valor singulares documentos históricos do período. Aprenderase como elaboraban a tinta os monxes daquel tempo e utilizarase unha pluma de ave para escribir un documento que dará fe da liñaxe de cada participante.

Dirixido a: Alumnado de 2º ESO

Lugar: Ourense

Organiza: Departamento de Lingua Española

Viaxe a Italia

13/03/2023 02:00
17/03/2023 14:30

A semana do 13 ao 17 de marzo de 2023 o alumnado de 4º da ESO, acompañado de 2 profesores/as, realizará a súa viaxe de fin de etapa a Roma

Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Laboratorio de fotografía e identidade - 2ª sesión

07/03/2023 11:45
07/03/2023 12:35

Segunda sesión do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude". Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

8M Día Internacional da Muller

08/03/2023 11:45
08/03/2023 14:15

Se a choiva non o impide, o alumnado que non secunde a folga, participará nun acto do Concello de Chantada para conmemorar o 8M Día Internacional da Muller.

Dirixido a: Todo o alumnado
Lugar: Praza do Cantón - Chantada
Organiza: Departamento de Orientación

Xornada de cinema

03/03/2023 11:45
03/03/2023 12:35

Xornada de cinema coa programadora de cinema Andrea Franco, que mostrará ao alumnado outra maneira de facer cinema con técnicas menos convencionais.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO.
Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Debuxo.

Xornada-evento sobre emprendemento

02/03/2023 09:35
02/03/2023 09:35

Xornada-evento sobre o emprendemento como unha posibilidade  de empregabilidade organizada polo IES de Vilamarín, na que contará coa colaboración de emprendedores, exalumnos e especialistas que aportarán a sua visión como emprendedores que son.

Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º cursos do CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles e CS Administración e Finanzas
Lugar: IES de Vilamarín.
Organiza: Departamento de FOL.

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut