Skip to Content

ROTEIRO POLO RÍO MIÑO

09/04/2018 10:25
09/04/2018 14:15

Alumnado do IES realizará un roteiro polo río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense, en bicicleta ou a pé dependendo do tempo. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: Ourense
Grupos: 4º ESO (ciencias).
Organiza: Departamento de Bioloxía.

CHARLA - REPRESENTANTE UNIVERSIDADE DE SANTIAGO (USC)

05/04/2018 09:35
05/04/2018 10:25

Dentro do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, alumnado do IES Val do Asma recibirá unha charla informativa sobre as titulacións e servizos ofertados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 2º BAC

Organiza: Departamento de Orientación.

28/03/18 CATRO ALUMNOS DO IES VAL DO ASMA INICIAN EN ABRIL A EXPERIENCIA ERASMUS EN ITALIA

VACACIÓNS SEMANA SANTA 2018

As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o luns 26 de marzo ata o luns 2 de abril de 2018, ámbolos dous incluidos, segundo se establece no calendario escolar.

Horario de atención ao público:

Luns 26 de marzo  11:00 a 13:00 horas
Martes 27 de marzo 11:00 a 13:00 horas
Mércores  28 de marzo 11:00 a 13:00 horas
Luns 2 de abril 11:00 a 13:00 horas

Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 87 02 36  ou 638 75 21 87.

ENTREGA NOTAS 2ª AVALIACIÓN

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 2ª avaliación efectuarase por parte do titor e na aula de referencia do grupo correspondente, o venres 23 de marzo de 2018 ás 14:00h.

 

CONCERTO DIDÁCTICO

23/03/2018 12:35
23/03/2018 14:00

Alumnado do IES Val do Asma disfrutará dun concerto didáctico.

Lugar: Salón de actos.

Grupos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC.

            1º e 2º CB Mantemento de Vehículos.

            1º CM Electromecánica de vehículos automóbiles.

            1º CS Administración e finanzas. 

Organiza: Departamento de Música.

SAÍDA CULTURAL - A CORUÑA

22/03/2018 08:45
22/03/2018 20:00

Alumnado de 3º e 4º da ESO, visitarán os Museos Científicos Coruñeses: O Aquarium Finisterrae, o Domus e A Casa das Ciencias. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: A Coruña
Grupos: Alumnado de 3º e 4º ESO
Organiza: Departamento de Bioloxía.

16/03/18 GRADUACIÓN DA PRIMEIRA PROMOCIÓN DE ALUMNOS DE FP DUAL EN CHANTADA

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 17/18

Requisito: Os aspirantes deben ter unha nota media igual ou superior a 8,75. 

Prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do 2 de maio de 2018.

Para máis información preme aquí.

XXV CANGURO MATEMÁTICO

15/03/2018 16:45
15/03/2018 18:45

 

73 alumnos/as do IES Val do Asma de todos os niveis educativos, participarán no XXV Canguro Matemático - 2018, trátase dun concurso a nivel nacional organizado polo I.E.S. "Juan de Juni" de Valladolid, que consiste na realización de exercicios de distintos niveis de dificultade e en función dos resultados acadados poderán obter diversos premios.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma

Grupos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC.

Organiza: Departamento de Matemáticas.

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut