Skip to Content

ADMISIÓN FP DUAL 2018-2019

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar as instrucións da convocatoria de xuño de admisión a ciclos formativos de formación profesional DUAL 2018-2019.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As persoas interesadas presentarán unha única solicitude, que se entregará preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión. A solicitude irá dirixida á dirección do centro educativo.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
O prazo ordinario será do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13:00 horas.
Para máis información consultar aquí.

ADMISIÓN CICLOS 2018-2019

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional 2018-2019.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A solicitude cubrirase a través de internet nos seguintes enlaces: Ciclos Medios e Ciclos Superiores.
A instancia que xera a aplicación informática débese imprimir e presentar, xunto coa documentación requerida, en calquera centro público de Galicia con oferta de formación profesional.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • O prazo ordinario será do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13:00 horas.
  • O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 11 de setembro ás 13:00 horas.

Para máis información consultar aquí.

PROXECTO FIN DE CURSO QUEROTE+ 17/18

Presentación do proxecto Proxecto: Rap pola igualdade

ENTREGA DE NOTAS XUÑO 2018

26/06/2018 11:00
26/06/2018 12:00

Os boletíns das notas finais de xuño serán entregadas polo titor ou titora ao grupo correspondente na súa aula de referencia o martes 26 de xuño ás 11:00h.

 

RECLAMACIÓNS CUALIFICACIÓNS XUÑO 2018

26/06/2018 12:00
28/06/2018 13:00

O prazo para as reclamacións das cualificacións de Xuño son:

- Martes 26 de 11:00 a 14:00.

- Mércores 27 e xoves 28 de 10:00 a 13:00.

FIN PRAZO FONDO LIBROS

22/06/2018 09:30
22/06/2018 14:00

Último día do prazo de presentación único (22 de maio ata o 22 de xuño de 2018) para solicitar as axudas do FondoLibros. Para máis información preme aquí.

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

Con data 21 de maio de 2018 saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado da ESO para o curso escolar 2018/2019.

Solicitude en papel e electrónica.

Prazo de presentación único: do 22 de maio ata o 22 de xuño de 2018

Recórdase que ao rematar o curso 2017/18, o alumnado beneficiario de libros de texto recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o vindeiro curso. O prazo para devolvelos coincidirá co día de entrega de notas de xuño, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata a data de entrega de notas de setembro.

Para mais información preme aquí.

18/06/18 OS ALUMNOS DO VAL DO ASMA SIMBOLIZAN O FIN DUNHA ETAPA NO ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

15/06/18 OS ALUMNOS DE ERASMUS DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS VOLVEN A CHANTADA CON NOVOS RETOS

ENTREGA NOTAS 3ª AVALIACIÓN CM E CS (2018-19)

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 3ª avaliación, 1º CS Administración e Finanzas e 1º CM Electromecánica de Vehículos automóbiles, efectuarase por parte do titor e na aula de referencia do grupo correspondente o venres, 15 de xuño ás 13:00 horas.

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut