Premios Extraordinarios de FP de Grao Superior 2023
Convocados os Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou no curso 2021/2022. Os requisitos de participación son:
- Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2022 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata 20 de abril de 2023, a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (20 de marzo de 2023).
Enlaces á convocatoria e á sede electrónica.