Events
Recepción do alumnado que cursa 6º de primaria no CEIP Eloísa Ribadulla para mostrarlles as instalacións do instituto.
Destinatarios/as: Alumnado de primaria.
Lugar: IES Val do Asma
Colabora: Departamento de Orientación.
Parcicipación nunha das actividades organizadas polo Concello de Chantada con motivo do Día da Muller.
Destinatarios/as: Alumnado de 2º ESO
Lugar: Chantada
Colabora: Departamento de ACE (Actividades Complementarias e Extraescolares).
NOVIDADE: Por mor da previsión meteorolóxica o Concello de Chantada comunica o día 6 de marzo a cancelación desta actividade!!!
O alumnado de lingua francesa asistirá á representación da famosa comedia de Molière, O doente imaxinario.
Destinatarios/as: Alumnado de francés de 2º, 3º e 4º ESO.
Lugar: Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
Organiza: Departamento de Francés.
Dende o 19 ao 23 de marzo de 2024 o alumnado de 4º da ESO, acompañado de 2 profesores/as, realizará a súa viaxe de fin de etapa a Roma.
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.
Visita do alumnado de 1º e 2º BAC para recibir información sobre os estudos impartidos pola Universidade de Vigo no Campus de Ourense en horaio por concretar.
Destinatarios/as: Alumnado de BAC
Lugar: Ourense
Colabora: Departamento de Orientación.