Events
Un representante da Garda Civil, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, impartirá unhas charlas informativas sobre a prevención do acoso escolar, o ciberacoso e os riscos da internet.
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 2º ESO de 9:35 a 11:15
1º ESO de 11:45 a 12:35
4º ESO de 12:35 a 13:25
Organiza: Departamento de Orientación.
73 alumnos/as do IES Val do Asma de todos os niveis educativos, participarán no XXV Canguro Matemático - 2018, trátase dun concurso a nivel nacional organizado polo I.E.S. "Juan de Juni" de Valladolid, que consiste na realización de exercicios de distintos niveis de dificultade e en función dos resultados acadados poderán obter diversos premios.
Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma
Grupos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC.
Organiza: Departamento de Matemáticas.
Alumnado de 3º e 4º da ESO, visitarán os Museos Científicos Coruñeses: O Aquarium Finisterrae, o Domus e A Casa das Ciencias. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: A Coruña
Grupos: Alumnado de 3º e 4º ESO
Organiza: Departamento de Bioloxía.
Alumnado do IES Val do Asma disfrutará dun concerto didáctico.
Lugar: Salón de actos.
Grupos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC.
1º e 2º CB Mantemento de Vehículos.
1º CM Electromecánica de vehículos automóbiles.
1º CS Administración e finanzas.
Organiza: Departamento de Música.