Events
O alumnado de 1º ESO disfrutará durante dous días dunha viaxe a Estación Invernal e de Montaña de Leitariegos (León), onde se iniciarán ao deporte do esquí e realizarán outras actividades na neve. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: Leitariegos
Grupos: 1º ESO
Organiza: Departamento de Educación Física.
O alumnado de 1º ESO disfrutará durante dous días dunha viaxe a Estación Invernal e de Montaña de Leitariegos (León), onde se iniciarán ao deporte do esquí e realizarán outras actividades na neve. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: Leitariegos
Grupos: 1º ESO
Organiza: Departamento de Educación Física.
Con motivo da finalización do período lectivo da Primeira Promoción do alumnado dos Ciclos Superiores de F.P. dual, o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán representantes das empresas colaboradoras do Grupo HOTUSA, da comunidade educativa e familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá un diploma acreditativo da súa formación. Ao final do acto servirase unha bebida e un petisco. Para ver as imaxes deste evento preme na foto.
Lugar: Auditorio de Chantada (entrada con invitación).
Grupos: CS Axencias de viaxes e xestión de eventos, CS Desenvolvemento de aplicacións web e CS Administración e finanzas (dual).
Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.
Un representante da Garda Civil, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, impartirá unhas charlas informativas sobre a prevención do acoso escolar, o ciberacoso e os riscos da internet.
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 2º ESO de 9:35 a 11:15
1º ESO de 11:45 a 12:35
4º ESO de 12:35 a 13:25
Organiza: Departamento de Orientación.
73 alumnos/as do IES Val do Asma de todos os niveis educativos, participarán no XXV Canguro Matemático - 2018, trátase dun concurso a nivel nacional organizado polo I.E.S. "Juan de Juni" de Valladolid, que consiste na realización de exercicios de distintos niveis de dificultade e en función dos resultados acadados poderán obter diversos premios.
Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma
Grupos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC.
Organiza: Departamento de Matemáticas.