Skip to Content

Complementarias

Roteiro xeolóxico

16/11/2021 10:25
16/11/2021 11:15

Roteiro xeolóxico pola vila de Chantada do alumnado de bacharelato que cursa xeoloxía.

Lugar: Chantada
Grupos: 1º e 2º BAC
Organiza: Departamento de Bioloxía e xeoloxía

Obradoiros de Tendencia e Viabilidade

25/11/2021 10:00
25/11/2021 14:30

Dúas sesións dos obradoiros de tendencias (10:00h) e Viabilidade (12:30h) dirixido ao alumnado de CS Administración e finanzas impartido pola Fundación Ronsel.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: CS Administración e finanzas
Organizan: Departamentos de Administración e de FOL

Obradoiro de entrevistas de traballo

26/11/2021 10:00
26/11/2021 14:30

Sesión única do obradoiro de entrevistas de traballo de dúas horas de duración dirixido ao alumnado de ESO e CM Electromecánica de vehículos (12.30h) e de BAC e CS Administración e finanzas (10:00h) impartido pola Fundación Ronsel.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 4º ESO (Economía), CM Electromecánica de vehículos automóbiles, 1º BAC (Economía) e CS Administración e finanzas
Organizan: Departamentos de Administración, de FOL e de Economía.

Obradoiro centrado na biografía de Isabel Zendal e Ánxeles Alvariño

15/11/2021 10:25
15/11/2021 11:15

Coa realización de varios experimentos científicos, abordaranse conceptos de microbioloxía e inmunoloxía dende unha enfoque cómico–teatral. Realizaranse 4 experimentos:

1.Test caseiro de anticorpos
2.Cultivo caseiro de bacterias e estampación de mostras.
3.Imprimación dos peixes segundo a técnica Gyotaku.
4.Experimento de descomposición das cunchas dos moluscos.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 1ESO (A e B)
Organizan: Departamentos de Galego e Bioloxía

Gañadores e gañadoras Magosto 2021

Aumnado gañador no II Certame de relato curto de terror: 1 David Mazaira e 2 Nía García.

Alumnado gañador na Xincana: 1 Noa e Ana e 2 David e Gabriel.

Parabéns a todos e a todas pola vosa participación!!! Se queres ver as imaxes da entrega de premios entra na Galería fotográfica.

Magosto 2021

05/11/2021 12:35
05/11/2021 14:15

Charla informativa sobre a USC e a ABAU

02/11/2021 10:00
02/11/2021 11:30

Presentación da USC ao alumnado de 2º de BAC mediante unha charla informativa levada a cabo por Mercedes Novo Rodríguez, Coordinadora do programa "A Ponte entre o ensino medio e a USC" no Campus Terra- Lugo. Inclúese unha explicación sobre as probas ABAU e o acceso á universidade.

Lugar: IES Val do Asma
Grupo: 2º BAC
Organiza: Departamento de Orientación

Concurso de cabazas 2021

Ata o xoves 4 de novembro de 2021, o alumnado do IES Val do Asma poderá participar no concurso de cabazas. Anímate a participar!

Conmemoración do dia do Estatuto de Autonomía de Galicia

Hoxe nevaba fóra, pero na clase, os alumnxs de ESO conmemoraban o aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia na hora de ler.

Contratos-Programa para o curso 2020-2021

18/03/2020 09:35
18/03/2020 13:25

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de conceder ao IES Val do Asmaas seguintes 6 modalidades de contratos-programa para o curso 2020-2021:

1. Mellora das competencias clave.

1a. Mellora da competencia matemática.

1c. Mellora das competencias clave en ciencias e tecnoloxía.

3. IGUÁLA-T.

4. CON-VIVE.

5. INCLÚE-T.

6. EDUEMOCIONA. (NOVIDADE)

 

Syndicate content


by Dr. Radut