Segunda saída polo Río Asma dentro do Proxecto Ríos.
Dirixido a: Alumnado de 1º CB Informática de oficina, 1º CB Mantemento de vehículose e 4º ESO Bioloxía. Lugar: Chantada. Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Realización de actividades interactivas sobre a Unión Europea para celebrar o 9 de Maio, Día de Europa. As actividades terán unha duración de 50 min para cada grupo participante.
Dirixido a: Todo o alumnado de ESO e dos CB. Lugar: Aula de informática. Organiza: Equipo Erasmus+.
Alumnado de 3º ESO e PDC terán unha nova sesión do laboratorio de fotografía e identidade "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación. Para máis información preme aquí.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
Obradoiro de motivación, metas, obxectivos e hábitos para o alumnado de 4º ESO. Traballarase a competencia emocional para activar a motivación e realizar un perfil vocacional do alumnado.
Dirixido a: Alumnado de 4º ESO. Lugar: Aula de referencia. Organiza: Departamento de Orientación.
O Campus de Verán XuvenCiencia ofrece programa científico de día, actividades lúdicas de tarde e noite e o aloxamente para todo o seu alumnado matriculado. Pode participar o alumnado de 3º e 4º ESO e BAC así como ciclos medios de FP. Celebrarese dende o 30 de xuño ao 6 de xullo 2024, no Campus Universitario de Lugo. Prazo de matrícula dende o 3 de maio, 15:30h ata o 12 de maio, 23:59h. Para saber máis de Xuvenciencia preme aquí.
Convocadas as probas para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia 2024/25. O prazo abrangue desde o 23 de abril ata o 10 de xuño de 2024. Para máis información accede á convocatoria e se queres consultar toda a información relativa ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño preme na seguinte ligazón.
Aberta a convocatoria para solicitar bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2024-2025. O prazo de solicitude é dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. Preme aquí para solicitala.
O prazo para solicitar as bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, abrangue dende o 19 de marzo ás 9:00 horas ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 horas. Desde aquí podes acceder directamente á solicitude, podes consultar o documento informativo e se precisas máis información acude ao Departamento de Orientación.
Actividade promovida polo Espazo Xove Chantada destinada ao alumnado do 2º ciclo da ESO.
Dirixido a: Alumnado de 3º ESO (de 9:25 a 10:25 horas) e 4º ESO (de 10:25 a 11:20 horas). Lugar: Chantada. Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.