Skip to Content

Día dos Autores Europeos 2023

27/03/2023

Para conmemorar o Día dos Autores Europeos o IES Val do Asma realizará unha das tres actividades propostas pola Comisión Europea: Sesións de lecturas nas escolas.

O profesorado de 3 das 24 linguas oficiais da Unión Europea (Español, Francés e Inglés) xunto co alumnado de ESO e 1º BAC realizarán, dentro do seu horario lectivo, lecturas de textos de autores da UE que logo compartirán nas redes sociais co hashtag #ReadWithEurope! e das que enviarán imaxes e vídeos á entidade organizadora xunto cos demais centros educativos europeos participantes.

Organiza: Equipo Erasmus+ e profesorado de Lingua castelá, francés e inglés.

https://ec.europa.eu/assets/eac/culture/day-of-european-authors/day-of-european-authors-emailsignature.jpg



event | by Dr. Radut