25 Anos do I.E.S. Val do Asma - Xantar conmemorativo
Dende Chantada, corazón de Galicia e terra de bo viño e mellor xente, animámosvos a participar nunha festa de lembranza e de reencontro de persoas que pasaron polo noso centro como estudantes, como pais ou como traballadores do ensino (docentes e non docentes), pero sobre todo como persoas que sempre intentaron vivir en harmonía.
SÁBADO 25 DE XUÑO ÁS 14:00 HORAS
PAVILLÓN DO I.E.S. VAL DO ASMA
Menú:
· Empanada
· Lacón
· Polbo
· Churrasco
· Sobremesas
· Bebidas e café
Prezo do menú: 20 € (haberá tamén un menú de 12 € para nenos/as que non pasen dos 10 anos)
Para poder asistir ó xantar é necesario o pago anticipado do mesmo. Este pago pode facerse de dúas maneiras:
· Mediante ingreso nunha conta do instituto en CAIXA NOVA co seguinte código:
o 2080-0504-34-0000107715
o Como concepto, cando fagades o ingreso, podedes poñer XANTAR 25
o Gardade o xustificante do ingreso para acceder ao xantar
· Tamén podedes adquirir na secretaría do instituto en horario de mañá un boleto para acceder ao xantar (o prezo é o mesmo nas dúas modalidades)
O prazo para comprar os boletos ou para facer o ingreso na conta de CAIXA NOVA remata o martes 21 de xuño.