Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Tuesday March 28, 2023
Start: 28/03/2023 08:45
End: 28/03/2023 14:15

O alumnado de 1º e 2º ESO, acompañado polo seu profesorado, participará nunha actividade que consistirá na práctica de Acrosport no centro Urban Planet de A Coruña.

Dirixido a: Alumnado de 1º ESO e 2º ESO
Lugar: Oleiros (A Coruña)
Organiza: Departamento de Educación Física

Start: 28/03/2023 11:45
End: 28/03/2023 12:35

Segunda sesión do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude". Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

Start: 28/03/2023 11:45
End: 28/03/2023 13:25

O relator Roberto Ferreiro Eimil, coordinador do Centro de Día Oblatas “O´Mencer” de Ferrol dará unha charla sobre "A violencia tolerada: Mulleres como servizo e obxecto de consumo". Para máis información preme aquí.

Destinatarios/as: Alumnado de FP de Ciclos Básicos e Ciclos Medios.
Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Orientación.

Wednesday March 29, 2023
Start: 29/03/2023 08:45
End: 29/03/2023 15:30

O alumnado, de 3º ESO, participante no Carballo Interplay, acompañado do profesor de Plástica, Iván Capón, acudirá a este festival a presentar a súa curtametraxe Flipped Classroom que está entre as finalistas da sección do concurso Dinoescolas.

Destinatarios/as: Alumnado de 3º ESO.
Lugar: Carballo (A Coruña).
Organiza: Departamento de Plástica.

Thursday March 30, 2023
Start: 30/03/2023 12:35
End: 30/03/2023 14:15

A xornada, que inicialmente se ía desenvolver o 24 de febreiro, constará de dous eixos fundamentais, un sobre a elaboración do planisferio e o outro acerca da contaminación lumínica e será impartida polo divulgador científico Martín Pawley.

Dirixido a: Alumnado de 1º ESO.
Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Bioloxía.

Tuesday April 11, 2023

Para máis información preme aquí.

Wednesday April 12, 2023
Start: 12/04/2023 11:15
End: 12/04/2023 13:25

O alumnado de 4º ESO asistirá dende o 12 de abril acompañado da súa profesora de Educación Física, á piscina municipal de Chantada para practicar natación. O horario da actividade desenvolverase entre as 11:15 e as 13:25 horas todos os mércores ata final de curso.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Piscina Municipal de Chantada.
Organiza: Departamento de Educación Física.

Syndicate content


by Dr. Radut