Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Friday November 18, 2022
Start: 18/11/2022 08:45
End: 18/11/2022 14:15

Todo o alumnado da familia de Automoción visitará EXPOFRAIN que se celebrará no Pazo de Feiras de Lugo.

Lugar: Lugo
Destinatarios/as: CB Mantemento de vehículos (1º e 2º) e CM Electromecánica de vehículos (1º e 2º)
Organiza: Departamento de Automoción

Friday November 25, 2022

Este ano a BiblioAsma elaborará un collage de fotos nunha gran pancarta do NON É NON para conmemorar o 25N. Neste collage participará todo o alumnado, profesorado e o persoal de administración e servizos. Ademáis toda a comunidade educativa gardaremos 1 minuto de silencio no salón de actos o vindeiro venres ás 11:00h.

Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Toda a comunidade educativa
Organiza: BiblioAsma

Tuesday November 29, 2022
Start: 29/11/2022 11:45
End: 29/11/2022 13:25

A Cruz Vermella impartirá un taller práctico de Primeiros Auxilios e dirixido ao alumnado de Formación Profesional que cursa o módulo de FOL.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma
Destinatarios/as: Alumnado dos 1º cursos do CM Electromecánica do automóbil e do CS Administración e finanzas
Organiza: Departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL)

Wednesday November 30, 2022
Start: 30/11/2022 10:25
End: 30/11/2022 12:35

Alumnado da segunda etapa da ESO participará nun taller afectivo-sexual.

Lugar: No propio centro
Destinatarios/as: Alumnado de 3º ESO (10:25 a 11:15) e 4º ESO (11:45 a 12:35)
Organiza: ANPA -Asociación de nais e pais do IES Val do Asma

Thursday December 01, 2022
Start: 01/12/2022 11:45
End: 01/12/2022 14:15

A través dun obradoiro práctico e participativo, impartido por Luisa Astray García, Educadora social da UAD do Concello de Monfort, desenvolveremos unha actividade de sensibilización para recordar ao alumnado a epidemia global da SIDA causada pola infección do VIH, dando a coñecer o estado actual da epidemia, tratando de derrubar prexuízos e incidindo nas vías de prevención do contaxio. No seguinte horario:

11.45 h - 1º CB Mantemento de Vehículos
12.35 h - 4º ESO
13.25 h - 1º CB Informática de Oficina

Lugar: Aula de referencia
Destinatarios/as: Alumnado de 1º FP básica e 4º ESO
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración coa Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte

Start: 01/12/2022 12:35
End: 01/12/2022 14:15

A charla será desenvolvida por María Angélica Mercado Torres, Mestra de Lingua Inglesa, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade. Queremos propiciar no alumnado a reflexión do redor da violencia sexual. Partindo dos conceptos básicos como o sexo e o xénero, os estereotipos de xénero e o sexismo avanzaremos cara outros máis complexos como o consentimento, a violencia sexual (concepto, datos, tipoloxía e mitos), a ciberviolencia sexual e a cultura da violación… sen esquecer dar a coñecer os  recursos e o movemento social.

Lugar: Salón de actos
Destinatarios/as: Alumnado de BAC
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración co CIM de Chantada

Friday December 02, 2022
Start: 02/12/2022 16:00
End: 02/12/2022 17:00

O vindeiro venres, 2 de decembro, ás 16:00 horas, celebrarase no salón de actos, unha reunión informativa para as familias/titores legais do alumnado de 4º ESO (Economía e Iniciativa Emprendedora) e 1º BAC (Economía) que está a participar no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2

Syndicate content


by Dr. Radut