Events
Vanse a levar a cabo dúas iniciativas:
- ESO e FPB: Símbolos pola paz. Traballaron na hora de titoría sobre a convivencia no IES e van a colgar na porta de cada clase un símbolo da paz cunha frase ou reflexión. https://www.unicef.es/educa/blog/simbolos-de-paz
- Kilómetros de solidariedade (Save de children): carreira solidaria a través da cal se trata de recoller fondos simbólicos. Este ano está dedicada aos nenos Rohingya https://www.savethechildren.es/rohingya
https://www.savethechildren.es/kilometros-de-solidaridad
Saída co alumnado de 1º e 2º de bacharelato á Universidade de Santiago, dentro do Programa A Ponte entre a USC e o Ensino Medio. Visitarán diferentes facultades para recibir información sobre a oferta académica e o funcionamento da Universidade.
Lugar: Universidade de Santiado de Compostela
Destinatarios: Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato
Organiza: Departamento de Orientación
O alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de FP Básica acudirá a unha charla sobre violencia no salón de actos do IES Val do Asma, baixo o programa do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade".
Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma
Destinatarios: Alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de FP Básica
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia
O alumnado do IES Val do Asma recibirá unha charla sobre a prevención de drogodependencia.
Os horarios concretos de cada unha das charlas e o grupo correspondente son:
- 2º ESO: 9:35 - 10:25
- 4º ESO: 11:45 - 12:35
- 3º ESO: 12:35 - 13:25
- FP Básica: 13:25 - 14:15
Lugar: Aula de referencia de cada grupo
Organiza: Departamento de Orientación
O alumnado do IES Val do Asma acudirá a unha charla polo día internacional da muller e da nena na ciencia, organizada baixo o programa do Plan Proxecta "Donas de si".
Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma
Destinatarios: Alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, e alumnado da rama de ciencias de 1º e 2º de Bacharelato
Organiza: Departamento de Física e Química
Charla dirixida ás familias de nenos/as de Educación Primaria dos CEIPs Eloísa Rivadulla e Xoán de Requeixo: "Charla Orientación Académica: A nova etapa da ESO no IES Val do Asma".
Os contidos que se abordarán están relacionados coa organización da nova etapa, as materias da ESO, cambios respecto á Educación Primaria, actividades que se levan a cabo no IES, etc. Así como, dúbidas que como pais e nais podan xurdir de cara a escolarización dos nenos e nenas.
Hora: 16:30
Lugar: Salón de actos IES Val do Asma
Organiza: Xefatura de Estudos e Orientación Educativa.
O alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita ao Ecomuseo de Arxeriz.
Destinatarios: Alumnado de 1º e 3º de ESO, alumnado de 1º de BAC, alumnado de 1º e 2º de FP Básica e alumnado do CS de Axencias.
Lugar: Pazo de Arxeriz