Events
Mon | Tue | Wed | Thu | Fri | Sat | Sun |
---|---|---|---|---|---|---|
7
Start: 06/05/2018 19:00
End: 07/05/2018 23:00
O alumno Carlos Vázquez González viaxará a Madrid para recoller o premio como gañador da XV edición do "Concurso Escolar de Dibujos sobre Derechos Humanos", organizado a nivel nacional polo Defensor del Pueblo de España e a ONG Globalización de los Derechos Humanos, que lle será entregado no Congreso dos Deputados o luns 7 de maio entre as 11:15 e as 13:30. Asistirán ao acto os seus compañeiros de Educación plástica e visual de 4º de ESO, a súa profesora, Lola López, e o Vicedirector do IES, Xosé Antón Domínguez. Aproveitarán a estancia en Madrid para visitar algún dos lugares máis representativos da capital. Para ver máis imaxes preme na foto. Noraboa!!!!! Organiza: Departamento de Educación Plástica e Visual e Departamento de actividades extraescolares. Start: 07/05/2018 15:05
End: 07/05/2018 15:55
Ao longo deste curso escolar o IES Val do Asma colabora de xeito continuado coa Escola de Música de Chantada, nesta ocasión celebraremos o Día de Europa, 9 de maio, con un repertorio representativo de distintos países europeos. Para ver máis imaxes preme na foto.
| 8
| 9
| 10
| 11
| 12
Start: 12/05/2018 20:00
End: 12/05/2018 21:30
Alumnado do centro vai participar nunha actividade en conmemoración do día das Letras Galegas que consiste nun acto musical coa participación de tres Corais Polifónicas e pandereteiras, entre as pezas musicais os alumnos do IES leerán fragmentos de textos e poemas da autora homenaxeada, Mª Victoria Moreno. Durante o acto proxectaráse unha imaxe realizada polos alumnos de 4º ESO. Para máis información preme aquí. Para ver máis imaxes desta actividade preme na foto. | 13
|