Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Wednesday March 14, 2018
Start: 14/03/2018 19:30
End: 14/03/2018 21:30

Con motivo da finalización do período lectivo da Primeira Promoción do alumnado dos Ciclos Superiores de F.P. dual, o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán representantes das empresas colaboradoras do Grupo HOTUSA, da comunidade educativa e familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá un diploma acreditativo da súa formación. Ao final do acto servirase unha bebida e un petisco. Para ver as imaxes deste evento preme na foto.

Lugar: Auditorio de Chantada (entrada con invitación).

Grupos: CS Axencias de viaxes e xestión de eventos, CS Desenvolvemento de aplicacións web e CS Administración e finanzas (dual).

Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.

 

Thursday March 15, 2018
Start: 15/03/2018 09:35
End: 15/03/2018 13:25

Un representante da Garda Civil, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, impartirá unhas charlas informativas sobre a prevención do acoso escolar, o ciberacoso e os riscos da internet.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 2º ESO de 9:35 a 11:15

            1º ESO de 11:45 a 12:35

            4º ESO de 12:35 a 13:25

Organiza: Departamento de Orientación.

Start: 15/03/2018 16:45
End: 15/03/2018 18:45

 

73 alumnos/as do IES Val do Asma de todos os niveis educativos, participarán no XXV Canguro Matemático - 2018, trátase dun concurso a nivel nacional organizado polo I.E.S. "Juan de Juni" de Valladolid, que consiste na realización de exercicios de distintos niveis de dificultade e en función dos resultados acadados poderán obter diversos premios.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma

Grupos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC.

Organiza: Departamento de Matemáticas.

Thursday March 22, 2018
Start: 22/03/2018 08:45
End: 22/03/2018 20:00

Alumnado de 3º e 4º da ESO, visitarán os Museos Científicos Coruñeses: O Aquarium Finisterrae, o Domus e A Casa das Ciencias. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: A Coruña
Grupos: Alumnado de 3º e 4º ESO
Organiza: Departamento de Bioloxía.

Friday March 23, 2018
Start: 23/03/2018 12:35
End: 23/03/2018 14:00

Alumnado do IES Val do Asma disfrutará dun concerto didáctico.

Lugar: Salón de actos.

Grupos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC.

            1º e 2º CB Mantemento de Vehículos.

            1º CM Electromecánica de vehículos automóbiles.

            1º CS Administración e finanzas. 

Organiza: Departamento de Música.

Syndicate content


by Dr. Radut