Skip to Content

O recuncho da Tinta Violeta

VIAXE A BRUXELAS

As alumnas de 4ºde ESO do club de lectura O recuncho da tinta violeta e 1º de Bacharelato de Francés e Literatura Universal, realizaron unha viaxe de catro días a Bélxica. En Bruselas visitaron o lugar onde as irmás Charlotte e Emily Brontë estudaron francés e aprenderon a impartir clases para pouco despois montar o seu propio colexio en Inglaterra. Ademais, visitaron a Librairie Tropismes situada na Galería dos Príncipes e considerada a librería máis bonita de Bruselas. 

OBRADOIRO DE BIOGRAFÍAS CON CARMEN G DE LA CUEVA

As alumnas do club de lectura e Literatura Universal participaron nun obradoiro impartido por Carmen G de la Cueva sobre vidas de escritoras e cómo escribir sobre elas. A continuación, as alumnas realizaron unha segunda parte práctica na que cada unha escribiu a biografía dunha muller importante para elas. Carmen G de la Cueva é a autora de: Mamá, quiero ser feminista; Un paseo por la vida de Simone Beauvoir e Escritoras.

REUNIÓNS NO RECUNCHO DA TINTA VIOLETA

As alumnas pertencentes ao recuncho da Tinta Violeta reuníronse con Sabela os primeiros luns de cada mes de 15:40 a 16.30h. Durante o curso, animáronse a participar no club alumnas de 1º de ESO. Ademais, tiveron un encontro literario con Carmen G de la Cueva onde realizaron un obradoiro sobre biografías literarias. Algúns dos libros recomendados detállanse a continuación.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesterraxallas/system/files/WhatsApp%20Image%202024-06-18%20at%2009.54.54%20%281%29.jpeg

 

 

 

 

 

XUNTANZA EN TORNO AO LIBRO: ENMA

O luns 15 de xaneiro o club de lectura "O recuncho da tinta violeta" reuniuse para falar e poñeren común as impresións sobre o libro Emma de Jane Austen. Empregamos a recente edición da editorial Sushi books, anotada para público xuvenil. Dita edición ten unha versión en castelán e outra en galego. Para as compañeiras do club é a obra máis divertida da autora e semella toda unha sitcom do século XIX. Podes atopar varios exemplares na Biblioteca!!

Distribuir contido


by Dr. Radut