Skip to Content

Actividades

OBRADOIRO DE EX LIBRIS E CARTELERÍA ANTIGA

No obradoiro de ex libris o alumnado de 1º de ESO traballou con tipografías de madeira e prensas de impresión ademais o alumnado de 1º de Bacharelato de Debuxo Artístico utilizou materiais e técnicas que descoñecían. O froito do seu traballo podedes velo no vestíbulo do instituto. Se queres saber máis: prema aquí

 

 

LENDAS E CONTOS PARA CELEBRARMOS O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

O martes 29 de outubro celebramos o Samaín na Biblioteca. Foi unha xornada moi especial coa nosa catrina, o altar de mortos e madalenas terroríficas!!! Se queres saber máis: prema aquí

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LUISA VILLALTA

O xoves 16 de maio festexamos, no IES Terra de Xallas, o Día das Letras Galegas. A Biblioteca organizou un acto homenaxe a Luisa Villalta onde participaron alumnado e profesorado recordando as súas grandes paixóns: poesía e música. Se queres coñecer algo máis sobre a celebración, prema aquí.

INAGURACIÓN DO HERBARIO FLORES DE FERRO

O pasado xoves 25 de abril, inaguramos a exposición do herbario Flores de ferro. Tivemos a honra de contar coa presenza da autora desta novela, María Rei Vilas, que nos falou da vinculación do seu libro co ámbito científico. No acto tivo un papel destacado o alumnado que explicou as distintas técnicas para a elaboración dos debuxos e o profesorado que comentou como se debía preparar un herbario. Para máis información prema: aquí

VISITA DE ROSALÍA DE CASTRO E MODESTO BROCOS

O venres 23 de febreiro honramos a nosa maior poeta celebrando o 187º aniversario do seu nacemento. Por un día viaxamos ao século XIX e desfrutamos da compañía de Rosalía de Castro e Modesto Brocos, coñecido pintor compostelán que a retratou no Pazo de Lestrobe. Cos Quinquilláns pasamos unha xornada moi divertida e instrutiva!! Se queres coñecer algo máis sobre a visita, preme aquí 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O pasado martes, 5 de decembro, entregamos os premios deste concurso fotográfico. Parabéns por esas fotazas!! No blog da biblioteca podedes ver todas as fotos presentadas: Ir ao blog.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut