Os grupos de 4º ESO do IES Terra de Xallas participaron nunha activade do proxecto educativo “aprende a través do surfing” que consiste nunha plataforma on-line con contidos educativos, unha sesión vivencial no propio centro e por último unha mañá completa na praia de Razo en Carballo coa escola de surf “Art Surf Camp”. Ademais da toma de contacto coas ondas do mar, inculcáronse valores de conservación do medio natural e do comportamento das correntes para poder desfrutar dun baño seguro nos nosos areais. Grandes xornadas de deporte, convivencia e aprendizaxe, coas que seguimos inculcando hábitos saudables nos nosos alumnos/as!!! Para máis información prema:aquí