O martes 27 de febreiro, o alumnado de 1º da ESO xunto co alumnado dos Ciclos Básicos de Restauracion e Mantemento de Vehículos realizaron unha visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda, SOGAMA. A visita consistiu nunha charla formativa sobre as instalacións e a súa funcionalidade, unha visita polas instalacións empregando as lentes de realidade virtual e obradoiros de reciclaxe. A saída foi organizada polos Departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais, se queres coñecer algo máis sobre a visita, preme aquí.