Skip to Content

Alumnas do IES Terra do Xallas forman parte do xurado da XXVII edición dos premios San Clamente

 

 O pasado 24 de outubro un grupo de alumnas de 2º de bacharelato do noso instituto formou parte do xurado do prestixioso premio San Clemente de novela. Este está organizado Polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. O xurado estivo composto por dous centros de Santiago, un centro de cada provincia de Galicia, un institudo de Madrid e tres do estranxeiro. O IES Terra do Xallas representou a provincia da Coruña e o noso xurado estivo composto por Amalia Blanco Pose, Thiago da Silva Maneiro, Fátima Lado Vilaboa, Natalia Martínez Barreiro, Paula Nieto Negreira e Noelia Vilar Calvo.

Todas foron magníficas lectoras e elixiron con criteiro en cada categoría de novela: novela en galego, novela en castelán e novela en lingua estranxeira. Se premes na ligazón poderás atopar as gañadoras deste premio que xa se celebra este ano por vixésimo terceira vez.

Cabe destacar que unha das nosas alumnas, Paula Nieto actuou como portavoz da categoría de novela en lingua castelán na rolda de prensa celebrada a última hora da mañá. En febreiro levarase a cabo a gala de entrega de premios ás prestixiosas autoras coa participación do noso alumnado. Posteriormente haberá unha cea coas autoras coas autoras no recoñecido Hosta dos Reis Católicos.

Gañadoras

Galería: 1 - 2 - 3

 

 



page | by Dr. Radut